Home Pontevedra ‘Eureka Reto Rural’ baixa o pano cun novo escape room para percorrer...

‘Eureka Reto Rural’ baixa o pano cun novo escape room para percorrer a historia de Redondela

- Anuncio -

O xogo de escapismo dixital de Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño chega ao seu fin cunha nova cita o vindeiro sábdo 20 de setembro ás 20.00 h

Inscricións xa abertas na web

Tras varios meses percorrendo o territorio, ‘Eureka Reto Rural’ despedirase cunha nova e emocionante cita en Redondela, cun escape room que permitirá ao público percorrer e ir descubrindo a rica historia e patrimonio natural e cultural da vila. Con esta nova actividade, Eu Rural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pecharán un proxecto co que se buscaba ofrecer un produto turístico diferente e orixinal para achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.

O vindeiro venres 20 de setembro o Concello de Redondela acollerá un encontro que prevé o mesmo éxito de edicións anteriores, unha cita na que as persoas participantes se enfrontarán a unha nova aventura chea de enigmas e desafíos que permitirán coñecer de forma lúdica e interactiva os segredos da vila.

O escape room partirá ás 20.00 h da Alameda de Castelao para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada. As persoas que desexen participar deberáninscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

A presidenta de EuRural, Sandra González, resaltou a grande acollida deste programa “que fusionou turismo rural e entretemento ao longo dos últimos meses con grande éxito, permitíndonos coñecer os lugares máis emblemáticos do noso territorio. É un orgullo ver o impacto positivo que tivo nos nosos concellos, ofrecendo unha forma de descubrir as nosas vilas dun xeito lúdico, divertido e orixinal que atraeu a veciñanza e visitantes”.

O alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, convidou ao público a inscribirse no escape room e sinalou que esta iniciativa “supón unha grande oportunidade para coñecer a historia do municipio dun xeito lúdico e orixinal”. ‘Eureka Reto Rural’ vai ofrecerlle tanto á veciñanza como aos visitantes “unha experiencia única na vila de Redondela, cun atractivo percorrido por lugares emblemáticos como os viadutos, o Cemiterio dos Eidos, a Igrexa de Santiago, o Pazo de Petán ou a fervenza da Feixa, así como coñecer a historia de símbolos como a Coca ou Xan Carallás”. Esta actividade, ademais de ser unha excelente diversión para a rapazada e as familias, “é tamén un xeito de poñer en valor o noso patrimonio histórico, cultural e natural”. “É un orgullo que Redondela sexa o reto que pecha esta programación, e estou segura de que será o broche de ouro para estas actividades de escapismo”, recalcou. A alcaldesa anima “a toda a veciñanza e visitantes a participar en ‘Eureka Reto Rural’ para coñecer a nosa vila e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través dunha experiencia que seguro será moi divertida e enriquecedora”.

O equipo gañador do escape room de Redondela poderá desfrutar dunha estancia con aloxamento e almorzo para seis persoas nos apartamentos turísticos Alto da Pousa, en Tomiño. Ademais, o Concello de Redondela sorteará tres lotes de produtos do territorio entre todos os grupos participantes.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas