HomeBaixo MiñoA Guarda#Euvoudechil organiza unha xuntanza de Nadal de coches o sábado 20 na...

#Euvoudechil organiza unha xuntanza de Nadal de coches o sábado 20 na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • O evento celebrarse durante a tarde do sábado no aparcadoiro da Alameda

Na tarde do sábado 20 de decembro, o grupo #Euvoudechil organiza unha xuntanza de coches antes de rematar o ano. A xuntanza localizarase no aparcadoiro da Alameda, en Fínola.

A temática da xuntanza é o Nadal, polo que os coches irán decorados de xeito especial e estarán expostos para desfrutar destas decoracións. Haberá concursos con premios para o coche mellor decorado, lanzamento de volante, ademais doutros concursos que se irán coñecendo durante esa tarde.

O entretemento non faltará, xa que a xuntanza estará amenizada polo speaker Viruta Fría e pola música do DJ Lagarevo. Durante toda a tarde haberá bebida, snacks, bocatas e chocolate con churros a prezos populares, e tamén haberá sorteos entre o público.

O acceso é libre e gratuíto para todos os públicos, así que podedes achegarvos o sábado 20 de decembro a partir das 15:30h.

Publicacións Relacionadas