HomeVigoO PorriñoEx candidatos do PSOE cobran do concello de Porriño 62.589,38 euros anuais

Ex candidatos do PSOE cobran do concello de Porriño 62.589,38 euros anuais

- Anuncio -spot_img

Eva García de la Torre, alcaldesa socialista do Porriño, ten contratados actualmente a dous cargos de confianza pertencentes ao Partido Socialista e que foron candidatos polo partido socialista en Oia e A Lama.

O executivo socialista do Concello do Porriño realiza unha nova contratación de persoal de confianza, que supón un gasto anual de 31.643,64 €, ocupando dende agora o antigo candidato socialista de Oia, José Antonio Olmedo,o posto de asesor económico e financeiro. Isto, súmase á contratación o ano pasado do ex candidato socialista de A Lama.

Os populares do Porriño preguntan á alcaldesa Eva García de la Torre cal é a intención política real de colocar a ex candidatos e persoal ligado ao Partido Socialista da provincia de Pontevedra a costa do orzamento porriñés. Denuncian unha vez mais, que os problemas reais dos veciños e veciñas do Porriño non se atopan entre as prioridades do actual goberno socialista, que segue aumentando a nómina dos cargos de confianza e xerando emprego pero só nos cargos do seu partido.

O goberno que preside Eva García de la torre destinará 62.589,38 euros anuais ás nóminas de dous cargos de confianza, un que foi candidato do Partido Socialista no Concello da Lama e outro que se contrata cun decreto do día 8 de Xaneiro de 2021 e que foi candidato do Partido no Concello de Oia en lugar de investilos na mellora do municipio e no benestar da veciñanza do Porriño.

Ás seis dedicacións exclusivas, xa firmadas anteriormente por Eva García de la Torre, súmanse agora dous soldos máis correspondentes a contratos políticos. “Pese a terse comprometido en pleno a que tan só se contrataría a unha persoa de confianza, son xa dous os contratos de tipo político que mantemos desde o Concello do Porriño. Eva García debería sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos para remunerar aos ex candidatos socialistas doutros concellos, que nada teñen que ver co Porriño; xa que non son nin da comarca da Louriña. Os cargos de confianza da actual alcaldesa son a sucursal do PSOE de Pontevedra” denuncia o voceiro popular, Alejandro Lorenzo.

Así os dous antigos candidatos do Partido Socialista nos Concellos de Oia e A Lama xa figuran na nómina do Concello do Porriño do goberno que preside Eva García de la torre que destinará 62.589,38 euros anuais a pagarlles.

Publicacións Relacionadas