Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Excelente acollida no primeiro día do Mercado Municipal de San Antonio

Excelente acollida no primeiro día do Mercado Municipal de San Antonio

- Anuncio -

Tras a reforma integral do edificio hoxe abriron os postos de peixe, carne e flores

Excelente acollida no primeiro día de apertura de portas do novo Mercado Municipal de Tui, denominado “Mercado de San Antonio”. Xa dende primeira hora, tras a apertura dos postos ás 8h, numerosas persoas se achegaron a facer as compras de peixe, carne, ou flores á praza de abastos tudense. Moitas outras quixeron tamén esta mañá coñecer as novas instalacións tras a reforma integral do edificio realizada polo Concello de Tui.
A media mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, achegáronse ao Mercado Municipal de San Antonio para felicitar as persoas que están ao fronte destes primeiros postos xa adxudicados comprobando o funcionamento e posta e marcha da praza neste primeiro día.

Hoxe abriron sete postos de peixe, unha carnicería e unha florería. Pendente está nos próximos días a apertura doutra carnicería que cuxo posto foi xa tamén adxudicado nesta primeira fase. Nunha segunda fase abrira un posto de produtos gourmet, unha panadería, un posto especializado en café e chocolate, e o espazo gastronómico. Dos 20 postos fixos e catro temporais 13 están adxudicados nestes momentos, e os restantes sairán en breve de novo a licitación, cuxas características e requisitos están dispoñibles no Concello de Tui para aquelas persoas que estean interesadas.
A obra do Mercado de San Antonio forma parte dun proxecto integral de modernización e dixitalización das instalacións municipais, considerado prioritario polo goberno local.
A reforma integral do edificio, cun investimento de máis de 1.300.000 euros, ten como obxectivo principal a dinamización da economía local a través da creación dun centro de comercio na localidade, que sexa ao mesmo tempo un polo de atracción para novos emprendedores e un lugar de encontro para a veciñanza, así como un lugar no que acceder a produtos locais de primeira calidade e frescos.
Entre as actuacións previstas dentro deste proxecto está tamén a instalación de taquillas intelixentes que permitirán recoller a compra fóra do horario habitual de apertura dos postos, a colocación dunha pantalla dixital, así como a creación dunha páxina web específica do Mercado coa que promocionar e difundir toda a actividade da praza e dos distintos postos. Esta campaña de dixitalización tamén contempla a presenza nas principais redes sociais do Mercado de San Antonio.
A inauguración oficial do Mercado de San Antonio realizarase unha vez se complete a instalación e apertura da totalidade dos postos adxudicados nesta primeira fase.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas