• O Concello de Cerdedo-Cotobade colaborou cos veciños en facilitar o tránsito dunha grúa de gran tonelaxe pola pista de acceso á torre
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o concelleiro Bruno Portela manifestaron a súa satisfación porque os traballos coordinados desde o Concello para facilitar o acceso da grúa de gran tonelaxe encargada de izar e ensamblar os tramos da torre que albergará a antena que porá fin aos problemas de cobertura telefónica en Borela fora un éxito.
Estes traballos de coordinación levada a cabo cos directivos da Comunidade de Montes de Borela e unha empresa que teñen contrada para levar a cabo este complexo operativo contou como aliado coa mellora metereolóxica que favoreceu que a grúa de gran tonelaxe poidera acceder ata o alto do monte.
No pasado mes de outubro logrouse chegar cun camión formigoneira para preparar a base da torre onde ao longo do día de hoxe se está a proceder ao izado en ensablaxe da estrutura metálica que permanecía deste entón tirada no chan.
Cubela manifestou o desexo do Concello de que con esta infraestrutura en materia de telecomunicacións se resolva dunha vez por todas os serios e persistentes problemas de cobertura telefónica en Borela e arredores.



