– A concellaría de Maiores do Concello de Redondela ofrece actividades saudables para os persoas de máis de 55 anos ao longo de todo o ano. Este verán, á práctica habitual de tai chi, súmase como novidade o baile, unha actividade que está a gozar dunha excelente acollida entre os participantes que se divirten ao tempo que fan exercicio.
– As clases son de balde e impártense durante xullo e agosto de 9.30 a 10.30 horas. As de baile son os luns na Senda Verde de Chapela e os martes na Alameda Castelao de Redondela. As clases de tai chi son os mércores na Senda Verde de Chapela e os xoves na Alameda de Redondela. Non se precisa inscrición previa, tan só achegarse ao lugar onde se celebran nos horarios indicados.
Durante os meses de xullo e agosto os veciñas e veciños de máis de 55 anos teñen a oportunidade practicar actividades saudables e lúdicas ao aire libre. Mantéñense verán as clases de tai chi e amplíase a oferta con clases de baile, ambas con moi boa acollida por parte dos maiores, que celebran esta iniciativa. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Maiores, Iria Vilaboa, estiveron con alumnos e alumnos na primeira semana das actividades. Rivas explica que con esta proposta ofrécese á veciñanza “unha alternativa dinámica e lúdica para un envellecemento activo, e os maiores están a agradecer moito estas actividades”. Está demostrado que practicar algunha actividade física mellora a saúde e o benestar emociona. As clases de baile, con ritmos desde cumbia, ata merengue, salsa, bachatas, etc., serven tamén para promover o benestar integral das persoas maiores, xa que mellora a atención, a concentración e a memoria. Trátase dun xeito “diferente, divertido e lúdico de activar o corpo e a mente“, sinala Iria Vilaboa. As clases están deseñadas para que as poidan bailar persoas de todas as idades, con coreografías fáciles e divertidas, e cancións coñecidas para que a xente á parte de bailar poida cantalas.
Por outra banda o tai chi, que se oferta durante todo o ano, é unha práctica milenaria que ofrece relaxación, reduce o estrés e mellora a flexibilidade do corpo.
Actividades de balde en Redondela e Chapela
As clases impártense nos meses de xullo e agosto de 9.30 a 10.30 horas. As de baile son os luns na Senda Verde de Chapela e os martes na Alameda Castelao de Redondela. As clases de tai chi son os mércores na Senda Verde de Chapela e os xoves na Alameda de Redondela. Estas actividades son de balde e non se precisa inscrición previa, tan só achegarse ao lugar onde se celebran.