Éxito de participación na primeira xornada de celebración do Punkativada

adminON
Lectura mínima de 4

A choiva da primeira hora da mañá do sábado non fixo que deslucise a celebración deste Festival que nesta primeira xornada se celebrou, debido ás condicións meteoloxóicas, no Multiusos de Arcade.

A segunda edición do Punkativada xa está aquí, onte celebrou a súa primeira xornada con éxito de participación e é que aínda que o tempo non acompañase pola mañá, as familias colleron o seu paraugas para a achegarse ata o Multiusos e desfrutar desta primeira xornada.

O día comezou co ‘obradoiro creativo punki’ que tivo moito éxito entre pequenas e pequenos e tamén entre nais e pais que se animaron a prepara o seu “total look máis punki” para esta xornada. Dentro desta preparación o que máis gustou sen dúbida foi a maquillaxe e a perruquería onde non quedou ningún neno e nena sen pintar o seu cabelo de cores co seu estilo máis punki.

Tralo obradoiro chegou o momento da actuación do grupo ‘As Tareixas’ estes pequenos e o seu pai conseguiron meter ao público no peto coa súa música e alegría entre a que non faltou un dos seus temas máis famosos que é ‘ A cadeira da avoa’ unha canción moi divertida que fala sobre a operación de cadeira da súa avoa materna.

Tralas Tareixas chegou a quenda do directo de `Silforiña’ de Golfiños onde cos seus ritmos e corografías conseguiron poñer en pe a todo o auditorio.

Xa pola tarde foron os Hellbrhothers de Cirkompacto os encargados de abrir a programación no Multiusos que deixou a todas e a todos abraiados cos seus saltos e acrobacias circenses. A continuación, os protagonistas foron ‘os xogos de paporrubio’ onde a tradición, as súas personaxes e historias foron quen de captar a atención durante preto de dúas horas e media de pequenos e maiores.

Foi o concerto Singular de Píscore, ás 21:00h., o encargado de pechar a programación deste primeiro día de programación. Os ritmos musicais, a comedia xestual, o clown…. fixeron que o concerto Singular, de Píscore fose un éxito cun cheo absoluto no auditorio do Multiusos.

Hoxe retómase a programación xa no seu lugar orixinal grazas ao bo tempo que nos acompaña, na Carballeira do Peirao. Unha xornada que xa comezou ás 11:00 h. co obradoiro creativo de `Palabras encadenadas’ unha cita onde se van a encadear palabras para que non se perdan creando unha peza artística con elas e así de xeito lúdico non perder o vocabulario que non usemos. A continuación chegará un dos platos fortes desta edición co concerto da Gramola Gominola ás 13:00h. Unha banda de auténtico Rock&Roll en galego con Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). Xa pola tarde, terá lugar un fin de festa por todo o alto co espectáculo ás 17:00 h. de Peterpunk e o neno imperdible protagonizado por  Peter Punk e Brais das Hortas.

Comparte este artigo