HomePontevedraDezaÉxito na primeira excursión de Vila de Cruces trala pandemia

Éxito na primeira excursión de Vila de Cruces trala pandemia

- Anuncio -spot_img

• Case cen veciños e veciñas de Vila de Cruces gozaron dun día de esparexemento coa excursión promocionada polo concello á Praia das Catedrais.

O mércores case un centenar de veciños e veciñas encheron por completo os dous autobuses que o concello de Vila de Cruces promocionara para esta primeira excursión, despois de máis de dous anos de parón.

Nesta ocasión o goberno de Xuntos, decidiu que esta primeira saída fose á Praia das Catedrais, unha excursión que foi moi ben acollida, porque nun primeiro momento o concello ofertou prazas para cubrir un autobús, que se completou nas primeiras horas de inscrición, chegando mesmo a deixar en lista de espera a máis de 20 veciños.

Ao comprobar que estas prazas eran insuficientes, o goberno de Xuntos optou por incrementar para este evento un novo autobús, e conseguir así que todos e todas os que se foron a inscribir, puidesen gozar desta excursión á Praia das Catedrais.

Durante a xornada do mércores, aínda que estaba un día moi nublado, saíron dous autobuses ás 8:15 da mañá, que levaban un longo percorrido e itinerario.

A primeira parada fíxose en Guitiriz para ver o reloxo analemático, e tomarse un tentempé para a intensa xornada que lles esperaba, seguindo dirección a Praia das Catedrais á que chegaron ás 11 da mañá, horario de baixada da marea que permite acceder ao areal e desfrutar dos maxestuosos arcos de máis de 30 m labrados polo mar nas rocas, a seguinte parada antes do xantar foi a visita ai pobo de Ribadeo, que permitiu apreciar diferentes tipos de edificios emblemáticos da cidade entre eles, A Capela Santísima Trindade, a Praza de España e o Convento de Santa Clara, o Palacio do Marqués de Sargadelos e a Torre dos Moreno, acabando coa baixada no ascensor panorámico que libra un desnivel de 21 metros entre a parte alta da cidade e o Porto, dende o cal se pode observar a Comunidade Autónoma de Asturias que se une a Galicia pola Ponte dos Santos.

O menú ser realizou no restaurante concertado, ao cal se uniu o alcalde Luís Taboada e a Concelleira Mireya Otero, que por razóns de axenda foilles imposible ir no autobús cos demais viaxeiros, pero que non querían perderse de ningunha maneira este momento con todos e todas as/os veciños e veciñas, un acto ao que non puido acudir Julio López ao atoparse indisposto. Durante o xantar xurdiron varias sorpresas coa celebración do aniversario 2 comensais aos que o alcalde Taboada e a concelleira Mireya entregaron un anaco de torta

Publicacións Relacionadas