HomeVigoMosÉxito rotundo no concerto de Juan Magán no Pazo de Mos dentro...

Éxito rotundo no concerto de Juan Magán no Pazo de Mos dentro da programación da Festa da Rosa

- Anuncio -spot_img

O Pazo de Mos converteuse onte pola noite e ata ben entrada a madrugada nun auténtico epicentro de ritmo e enerxía co concerto estelar de Juan Magán, un dos artistas máis recoñecidos do panorama musical internacional, que congregou arredor de 7.000 persoas nunha noite inesquecible no marco da Festa da Rosa 2025.

O espectáculo fixo vibrar ao público de todas as idades con moitos dos seus temas máis coñecidos. Deste xeito, Magán entregouse ao público mosense cun repertorio cheo de éxitos e enerxía.

Un dos momentos máis celebrados da noite foi a aparición sobre o escenario da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que se sumou ao artista para interpretar un tema de Hombres G, desatando a euforia do público asistente. A rexedora agradeceu a presenza masiva da veciñanza e destacou “a ilusión e o esforzo que supón organizar unha programación á altura dunha cita con tanta relevancia como a Festa da Rosa”.

Desde o Concello, valorouse moi positivamente tanto a afluencia histórica ao concerto como o ambiente festivo e seguro que se viviu durante toda a xornada, grazas ao dispositivo especial de seguridade e coordinación.

A Festa da Rosa continúa coa súa ampla programación cultural, musical e familiar, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario festivo da comarca.

Publicacións Relacionadas