Home Pontevedra Poio Éxotp de participación nas xornadas formativas sobre Tambo dirixidas a guías turísticas

Éxotp de participación nas xornadas formativas sobre Tambo dirixidas a guías turísticas

- Anuncio -

• A iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo, busca formar a profesionais do sector sobre o potencial e os recursos patrimoniais, paisaxísticos e medioambientais da illa, co obxectivo de consolidar este enclave como reclamo de referencia para visitantes

• A tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante), lembra que o programa, que incluíu unha sesión técnica e unha visita, foi organizada en colaboración coa Asociación Irmandade Illa de Tambo

Un total de 15 guías turísticas, entre as que se atopaban representantes de preto de 10 empresas especializadas da contorna, así como varios autónomos e autónomas, participaron esta semana na primeira edición das Xornadas Os Recursos Turísticos de Tambo, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura, en colaboración coa Irmandade Illa de Tambo, co obxectivo de dar a coñecer entre as persoas que traballan neste sector todos os recursos e atractivos cos que conta a illa situada en pleno corazón da ría de Pontevedra.

A tenente de alcalde e responsable deste departamento municipal, Silvia Díaz (Avante Poio), participou na mañá deste xoves nunha visita guiada realizada ‘in situ’ a este emblemático enclave. Acompañados por representantes de Illa de Tambo, os e as profesionais inscritas nesta formación tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man emprazamentos e lugares de interese cos que conta Tambo, como son o faro de Tenlo, o antigo polvorín ou os restos do lazareto e da capela de San Miguel, entre outros.

Previamente, o pasado mércores, as persoas inscritas tomaron parte nunha sesión técnica, na que se abordaron aspectos teóricos sobre a illa. Esta parte teórica desenvolveuse, tamén coa colaboración de integrantes da asociación, nunha das aulas do Centro de Formación da Reiboa, na Seca (San Xoán).

Díaz destaca a gran acollida que tiveron estas xornadas, como o demostra o feito de que se inscribisen guías turísticas de concellos de diferentes puntos das Rías Baixas, como O Grove, Soutomaior, Vigo, Pontevedra ou Gondomar. “Estes e estas profesionais, polo labor que desempeñan, son unha canle de difusión moi importante, polo que é necesario que estean perfectamente familiarizadas cos recursos e atractivos de Tambo”, apunta a responsable de Turismo, que, en vista do éxito da iniciativa, non descarta a organización de novas edicións.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas