HomePontevedraDezaExpoBus Iberia 2025 cumprirá expectativas: supera xa a súa superficie nun 24%...

ExpoBus Iberia 2025 cumprirá expectativas: supera xa a súa superficie nun 24% e expositores nun 8% respecto á pasada edición

- Anuncio -spot_img
  • Á ESPERA DE PECHAR ALGUNHAS POSIBLES PARTICIPACIÓNS POR PARTE DO EQUIPO COMERCIAL, ATA O MOMENTO AS EMPRESAS CONFIRMADAS SON 67, MENTRAS QUE O ESPAZO OCUPADO É DE 8.285 METROS CADRADOS
  • ESTE EVENTO CENTRADO NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA LEVARASE A CABO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA) DO 20 AO 22 DE NOVEMBRO

A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue traballando intensamente na organización da cuarta edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebrará do 20 ao 22 de novembro.

Esta nova convocatoria está cumprindo as súas expectativas. Así, en canto á superficie neta, a algo máis de quince días para a súa celebración, xa se reservaron 8.285 metros cadrados, un 24,8% máis que a cifra final da pasada edición, a cal contara con 6.638 metros cadrados.

Esta superficie corresponde a 67 expositores directos, o que supón un 8% máis respecto á anterior edición. Entre eles encóntranse a inmensa maioría de carroceiras nacionais, as principais empresas fabricantes do sector do autobús e o autocar a nivel internacional e numerosas compañías relacionados coa industria auxiliar.

É moi probable que estes números aumenten lixeiramente, xa que se están pechando aínda algunhas participacións e continúan as xestións comerciais por parte do equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Unha cita de referencia

Con estas cifras ExpoBus Iberia 2025 afiánzase como a segunda maior feira do sector a nivel nacional, ademais de contar co respaldo de empresas e profesionais por parte da oferta e tamén da demanda.

Proba disto son os acordos subscritos nesta cita tanto coa Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías e Buses (ASCABUS) como coas tres principais asociacións empresariais do transporte en autobús en España, a Confederación Española de Transporte en Autobús (CONFEBUS), a Asociación de Empresas de Autocares (DIREBÚS) e a Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA).

Publicacións Relacionadas