- POR PRIMEIRA VEZ ELIXIRASE AO MELLOR DE ESPAÑA, DE EUROPA E DO MUNDO
- AS PROBAS REALIZARANSE DURANTE OS TRES DÍAS DESTA FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA, COÑECÉNDOSE OS VENCEDORES NA ÚLTIMA XORNADA DO CERTAME
A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal terá lugar do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), segue avanzando na organización da súa área expositiva e o seu programa de actividades.
Con respecto a este último, convocou unha nova edición do Premio ao Mellor Condutor-Condutora de Autocares, cuxas probas se levarán a cabo coincidindo cos tres días de celebración do certame. Unha cita que se presenta con importantes novidades, entre as que destaca a súa dimensión internacional. Así, aínda que nas anteriores convocatorias existía unha única categoría, nacional, por primeira vez contará con tres: España, Europa e Mundo.
A este concurso, patrocinado pola compañía MAN e coordinado pola publicación Carril Bus, poden presentarse condutores en activo que se dediquen actualmente a esta actividade. Estes deben realizar un exame de coñecementos, tipo test, e diversas probas de habilidade nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado nas instalacións do recinto feiral. Os candidatos teñen garantida unha experiencia única con probas dinámicas que lles sorprenderán e realizarán en vehículos equipados coa tecnoloxía e seguridade máis avanzada do mercado. Os técnicos e formadores da empresa TECE encargaranse do deseño do circuíto, realización das probas e valoración de candidatos.
Cada condutor terá a oportunidade de realizar previamente o percorrido -sen puntuar- antes da proba definitiva, co fin de que coñezan de antemán o circuíto, as probas e o propio vehículo. Antes da proba de condución realizarase a avaliación teórica tipo test.
Todos os condutores e condutoras que queiran optar a este premio poden obter toda a información en www.expobusiberia.com e solicitar a súa candidatura en premiomejorconductor@expobusiberia.com ata o 13 de novembro. O equipo desta competición poñerase en contacto con eles para xestionar a súa inscrición.
Máis premios
Outra das novidades desta competición será o maior número de galardóns que se concederán. Así, ademais de premiar ao primeiro clasificado en cada unha das categorías, Nacional, Europa e Mundo, tamén se recoñecerá aos dous seguintes e ás empresas nas que desempeñan o seu traballo os gañadores.
Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o sábado 22 de novembro, ás 14.00 horas.