HomePontevedraDezaEXPOFERR inaugura mañá a súa maior edición, con 320 firmas de subministracións,...

EXPOFERR inaugura mañá a súa maior edición, con 320 firmas de subministracións, ferraxería industrial, maquinaria e protección laboral

- Anuncio -spot_img

• ESTE CERTAME PROFESIONAL CONTA NA SÚA TERCEIRA CONVOCATORIA CUN 45% MÁIS DE MARCAS, UN 66% MÁIS DE EMPRESAS EXPOSITORAS E O DOBRE DE SUPERFICIE

• O EVENTO, QUE SE CELEBRARÁ NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, TERÁ UN DÍA MÁIS DE DURACIÓN DEBIDO Á DEMANDA DOS PROFESIONAIS DE DISPOÑER DE MÁIS TEMPO

A Feira Profesional de Subministracións e Ferraxería Industrial, Protección Laboral e Maquinaria, EXPOFERR, abre mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA as portas da súa terceira edición. Unha cita que será inaugurada polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,

Esta nova convocatoria, que conta cun día máis de duración debido á demanda dos profesionais de dispoñer de máis tempo para atender os seus múltiples puntos de interese, será a maior do certame ata o momento. Así, a súa área expositiva reunirá 110 fabricantes nacionais e internacionais que representan a 320 firmas de 11 países, as cales ocuparán unha superficie de 6.000 metros cadrados. Unhas cifras que supoñen un 66% máis de expositores, un 45% máis de firmas e o dobre de superficie.

Os expositores presentes son empresas con gran relevancia no sector que conformarán un gran escaparate con ferramenta de man e de corte, abrasivos, tornillería, soldadura, mantemento, químicos, ferramenta eléctrica e pneumática, elevación e mantemento, andel e almacenaxe, protección laboral e vestiario de traballo.

Unha mostra que estará ao dispor de profesionais de todos os sectores do tecido empresarial, os cales poderán entrar de forma gratuíta previa inscrición, e tamén de futuros profesionais, a través de visitas programadas de alumnos de formación profesional de ciclos relacionados con transporte e mantemento de vehículos, instalación e mantemento, electricidade e electrónica ou fabricación mecánica. Visitantes entre os que se atoparán o venres os 36 socios da Agrupación de Subministracións Industriais de España (ASIDE), central de compras que conta cun volume de facturación de 260 millóns de euros.

Mañá, tras a súa xornada inaugural, tanto estes asociados de Aside como os expositores e membros da organización do certame compartirán unha cea xa tradicional nesta feira, a cal terá lugar en Santiago de Compostela.

Preto de 100 demostracións distintas

Expoferr 2023 destacará pola realización dun gran número de demostracións, as cales a converterán nunha feira con gran dinamismo.

Así, a gran maioría de fabricantes mostrarán o funcionamento do seu produto ou poñerano a proba, permitindo que o visitante vexa, probe e pregunte. Isto supoñerá que se leven a cabo preto dun centenar de demostracións distintas que se repetirán de forma continua durante os tres días do certame.

Publicacións Relacionadas