HomePontevedraFANPA e Concello acordan un novo convenio de colaboracion para os comedores...

FANPA e Concello acordan un novo convenio de colaboracion para os comedores escolares e o Plan Madruga

- Anuncio -spot_img

O edil de Educación, Demetrio Gómez, mantivo este mércores, 15 de outubro, unha reunión de traballo co presidente da Federación Provincial de ANPAs, Rogelio Carballo, que cristalizou no acordo dun novo convenio de colaboración para os comedores escolares e o Plan Madruga.

O acordo de colaboración reforza o compromiso que o Concello de Pontevedra mantén á hora de mellorar a calidade do ensino público no munipio, lembrando que un total de 20 centros educativos poderán beneficiarse do mesmo, sendo tanto os comedores escolares como o Plan Madruga dous recursos fundamentais á hora de facilitar a conciliación das familias e garantir unha alimentacion equilibrada e saudábel para as crianzas.

O acordo, que terá unha vixencia de tres anualidades, supón un importante incremento orzamentario do 11,76% respecto ao convenio anterior, que se mantivo sen actualización desde

A dotación económica será de 258.000 euros para 2025, 273.000 euros para 2026 e 288.000 euros para 2027.
Ademais de asegurar o funcionamento dos comedores e do Plan Madruga, o convenio inclúe o desenvolvemento de actividades formativas dirixidas tanto ás crianzas como ás súas familias, convertendo os comedores en auténticos espazos educativos. Os menús, elaborados con produtos de proximidade e de temporada, promoven hábitos de vida saudábeis e valores de sustentabilidade.

Tamén se garante a adaptación dos menús ás crianzas con alerxias e intolerancias alimentarias, así como a existencia de bolsas de axuda tanto da FANPA como do Concello para que ningunha crianza quede sen acceso ao servizo por motivos económicos.

Unha vez pechado o acordo e obtidos todos os informes favorábeis, o calendario de tramitación continúa co ditame da Comisión de Benestar Social o xoves 16 de outubro e coa súa aprobación definitiva no Pleno do luns 20, o que permitirá a entrada en vigor inmediata do convenio.

Publicacións Relacionadas