Home O Salnés A Illa de Arousa FEGADACE e os concello de Vilanova e A Illa de Arousa colaboran...

FEGADACE e os concello de Vilanova e A Illa de Arousa colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral con dúas sesións formativas

- Anuncio -

As actividades van ter lugar o xoves 28 de abril na Casa da Cultura Auditorio Valle-Inclán e no Salón de Plenos do Consistorio, respectivamente.

A información sobre o dano cerebral adquirido chega á Arousa pola man da colaboración entre os concellos de Vilanova e A Illa de Arousa e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

As actividades informativas están dirixida a todo tipo de público e nelas a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo a estes concellos: Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, de ámbito provincial.

A primeira sesión vai ter lugar o xoves 28 de abril ás 20:00 hh. na Casa da Cultura Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa (Esteiro, s/n). O acceso é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 986 554 845 de 08:00 a 14:00 hh.

A continuación será a quenda da Illa: a cita é ás 18:00 hh. no Salón de Plenos do Concello. O acceso é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 652 770 653.

A organización desta actividade conta coa colaboración dos Concellos de Vilanova e A Illa de Arousa e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.


FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións galegas de dano cerebral: ADACECO (A Coruña), ADACE en Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Xuntas representan algo máis de 2.000 familias. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia e que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos) ou por un traumatismo cranioencefálico provocado por un accidente de tráfico.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas