O concelleiro do Partido Popular Pablo Fernández valorou o voto en contra de nacionalistas e socialistas á súa aposta pola mobilidade inclusiva na cidade: “É fundamental que a cidade se adapte ás tendencias no transporte”
“Apostar pola instalación de carrís bicis, ou alugueiro de bicicletas eléctricas, é apostar polo futuro da nosa cidade. Que o Concello conte cun parque móbil sostible é un gran exemplo para os cidadáns de como debe ser unha Administración local”
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández lamentou o voto en contra do BNG e do PSOE a unha proposta dos populares para incorporar políticas de mobilidade sostible á cidade. “Non entendemos como desde o Concello pódese negar o levar a cabo este tipo de accións cun obxectivo común: implantar na nosa urbe medios que faciliten a utilización e o acceso a medios de transporte sostibles”, detallou o popular. “Non se pode opoñerse de tal maneira á utilización de vehículos. Oxalá todos tivésemos a opción de escoller cal utilizar. O deber do Concello é promocionar e apoiar á utilización de vehículos sostibles”, quixo engadir.
“A instalación de carrís bici ou que o propio Concello xestione unha plataforma de alugueiro de bicicletas eléctricas son dúas grandes medidas para potenciar unha mobilidade sostible e unha cidade máis verde”, argumentou Fernández, que cualificou como “simple e vago” o argumento dos nacionalistas de que o que “menos contamina é camiñar”: “Oxalá todos os cidadáns puidésemos elixir non utilizar un vehículo. Pero resulta que os que están en contra destas medidas e votan en contra teñen chofer e praza pública diante do Concello”.
Outro dos puntos que recollía a moción era a da instalación dunha infraestrutura de recarga municipal, “para apoiar e alentar aos pontevedreses á compra de vehículos sostibles e que non contaminen”. “O concelleiro Mosquera chegou a dubidar no Pleno da utilidade da viabilidade deste tipo de enerxías. Algo que se contrapón co Plan Ágora, un programa que defende o mesmo Mosquera na Deputación de Pontevedra. Aquí non e na Deputación se, Por que?”.
Para rematar, Fernández propoñía a renovación de maneira graduada do parque móbil do Concello, coa adquisición de vehículos sostibles. #Ante o voto en contra tamén PSOE, Fernández preguntouse se os socialistas da cidade están en contra do seu propio goberno, “xa que os fondos deste programa dependen do Ministerio para a Transición Ecolóxica”.