HomePontevedraCaldasFernando Martínez abandona a folga de fame tras manter un encontro co...

Fernando Martínez abandona a folga de fame tras manter un encontro co alcalde de Portas e os Servizos de Urbanismo

- Anuncio -spot_img

Tras lograr o compromiso do Concello de resolver o seu expediente, o veciño de Parada admite que “nunca foi a miña intención obter un trato de favor nin incumprir a regulación administrativa”

Fernando Martínez Piñeiro, veciño de Parada, decidiu abandonar a súa folga de fame despois de manter un encontro de traballo co alcalde Ricardo Martínez e os servizos de Urbanismo do Concello de Portas e establecer o comprimiso de resolución do expediente que afecta á súa vivenda no prazo dunha semana, unha vez estean resoltos os trámites en Patrimonio.

Deste xeito tanto o alcalde como o veciño valoraron moi positivamente a xuntanza cualificada por Fernando Martínez como “produtiva, proactiva e construtiva”.

Fernández Martínez manifestou ao rematar o encontro que “non foi nunca a miña intención obter un trato de favor nin incumprir ningunha regulación administrativa. Dado o longo perioso transcorrido, entendemos que o prazo pactado non menoscaba a atención de outros usuarios do servizo e a min dame seguridade na toma de decisións encamiñadas a levar a diante un proxecto no que poño toda a miña ilusión”, indicou o veciño de Parada.

Finalmente, sinalou que “lamento as molestias causadas e agradezo as mostra de apoio recibidas. Aprendín moito nestes días”.

Pola súa banda, o alcalde Ricardo Martínez amosouse satisfeito polo resultado do encontro e porque se desbloqueara unha situación que nunca se debeu producir e manifestou a súa vontade aberta e de diálogo con calquera veciño que acuda ao Concello a resolver un trámite que lle afecte. “Cremos que desde o diálogo e desde a sensatez pódense arranxar as cousas, sempre dentro da legalidade e cumprindo a normativa”, concluiu o rexedor.

Publicacións Relacionadas