Home O Salnés A Illa de Arousa Fernando Pérez e Elena Suárez destacan que “os investimentos previstos para as...

Fernando Pérez e Elena Suárez destacan que “os investimentos previstos para as comarcas de Caldas e Arousa son o mellor reflexo da aposta do Goberno galego por ampliar o gasto social”

- Anuncio -

• Consideran que o arranque dos centros de saúde de Vilagarcía e Meis, así como as melloras en Baltar, son “a constatación con datos reais de que a Xunta fala facendo e ten na mellora da sanidade pública galega unha das súas principais prioridades”

• Poñen en valor o incremento dos investimentos educativos “para dotar aos centros dunhas mellores instalacións e duns equipamentos adaptados ás necesidades do alumnado”, como no caso do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía e o IES Aquis Celenis de Caldas

Os deputados autonómicos Fernando Pérez e Elena Suárez valoran “moi positivamente” as partidas previstas para os concellos das comarcas de Caldas e Arousa nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2023 e nese sentido destacan que “son o mellor reflexo da aposta do Goberno galego por ampliar o gasto social e mellorar os servizos públicos”.

Facendo referencia así ao feito de que as Contas do vindeiro ano incluirán o maior gasto social na historia da nosa comunidade (9.368 millóns de euros), os deputados do Partido Popular poñen en valor as partidas destinadas a actuacións en materia de sanidade e educación.

“Fronte a unha oposición que reivindica na rúa melloras na sanidade pero logo vota en contra sistematicamente de calquera medida destinada a mellorar o noso sistema sanitario, o goberno do Partido Popular destinará 1.400.000 euros para o comezo das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía, 25.000 para a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Meis, 400.000 euros para acometer melloras no centro de saúde de Baltar e dotará ao Hospital do Salnés dun novo TAC valorado en 400.000 euros”, apuntan.

Uns proxectos que “son a constatación con datos reais de que a Xunta de Galicia fala facendo e ten na mellora da sanidade pública galega unha das súas principais prioridades”.

Fernando Pérez, voceiro do Partido Popular de Caldas, lamenta neste sentido que “o centro de saúde de Caldas podería ter estado incluído tamén nestes Orzamentos se o Concello cumprise coas demandas de ordenación urbanística na parcela ofertada para a súa construción”. Algo que, na súa opinión, levou a que “proxectos similares como o de Meis adiantasen ao de Caldas pese a pertencer a unha fase posterior do plan de construción de novos centros de saúde”.

Pola súa banda, Elena Súarez incide nos máis 15 millóns de euros que se destinarán ao saneamento e á depuración de augas “pese a que se trata de competencias exclusivas dos concellos”. Unha cantidade que se repartirá en proxectos como a mellora da rede de saneamento nos lugares de Paradela e Reguengo en Caldas (400.000 euros), a ampliación da EDAR de Tragove en Cambados (3.790.000 euros), a construción do novo colector de Cabanelas (1.100.000 euros), a modernización da depuración da auga en A Illa de Arousa (1.430.000 euros) e as obras de saneamento e depuración en Vilagarcía por valor de 7.580.000 euros.

A deputada arousá, membro da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, considera que estes proxectos son “fundamentais para continuar avanzando no saneamento da Ría de Arousa” e “demostran que o Goberno galego ten a mellora da calidade das nosas augas e a busca de solucións que permitan aumentar a súa produtividade pesqueira e marisqueira como obxectivos prioritarios porque diso dependen as nosas xentes do mar”.

Polo tanto pídelle ao PSdeG e ao BNG que “xa que tan preocupados din estar pola produtividade da Ría de Arousa, espero que voten a favor destes orzamentos e das actuacións que contempla”. Porque o contrario, di, sería “votar en contra dos intereses da xente do mar da nosa comarca”.

APOSTA POLA EDUCACIÓN E O EMPREGO DA MOCIDADE

Outro dos ámbitos nos que a Xunta de Galicia aposta de xeito destacado nas súas Contas para o vindeiro ano é a educación, que aumenta o seu investimento ata chegar a 2.795 millóns de euros.

Unha cantidade que se destinará a modernizar e reforzar o sistema educativo galego e nomeadamente a dotar aos centros dunhas mellores instalacións e duns equipamentos adaptados ás necesidades do alumnado. Tal e como ocorrerá no IES Aquis Celenis de Caldas, para o que se reservan 200.000 euros co obxectivo de redactar o seu proxecto de ampliación (orzamentado en case catro millóns de euros).

A mesma cantidade se lle asigna á redacción do proxecto de modernización e mellora do novo CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, cuxo montante total será de 2,8 millóns de euros nun plan plurianual. Este centro que se puxo en marcha este curso aspira a converterse nunha referencia no marco da Estratexia de FP Galicia 2030.

“Do mesmo xeito que a aposta pola mellora do sistema educativo é determinante para garantir a empregabilidade da nosa mocidade, hai que continuar apostando por medidas que fomenten o emprego ao conxunto da sociedade”, apuntan os deputados populares ao tempo que poñen en valor os máis de 2’6 millóns de euros que a Xunta destinará a obradoiros de emprego nas comarcas do Salnés, O Ullán e Caldas; así como os 2.960.000 euros para a construción dun novo parque empresarial en Pontecesures.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas