HomePontevedraFestexamos o Día do Libro Infantil na Biblioteca Xela Arias coa 2ª...

Festexamos o Día do Libro Infantil na Biblioteca Xela Arias coa 2ª edición de «Contos da veciñanza»

- Anuncio -spot_img

Como xa ben sabedes, e non nos cansaremos de dicilo, na Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela temos persoas usuarias que nos fan a vida marabillosa. Despois de poñer en marcha, no mes de febreiro, os «Contos da veciñanza» pudemos apreciar que esta actividade nos gusta a todos e a todas:

– Xuntámonos as familias da contorna

– Pasamos algo de nervios

– Un momento para compartir a creatividade… e a literatura

– Rímonos moito

– Todos xuntos participamos e aprendemos

Despois dunha exitosa sesión en febreiro, vén agora unha segunda parte mellorada, e coa que nos propoñemos festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. As contadoras Lía e máis Beatriz , que quedaron moi satisfeitas, volven ao escenario para ofrecernos contos e historias. Remataremos facendo unha pequena actividade todos xuntos.

Será o venres 4 de abril, ás 18:30 h.

A proposta é para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Dado que as prazas son moi limitadas, deberedes anotarvos previamente na biblioteca.

📞986-454-226

💻bibliotecachapela@redondela.gal

Este ano a Biblioteca Xela Arias celebra o seu 20 aniversario, e quere facelo fortalecendo o seu vencello coas persoas usuarias. Grazas á veciñanza por compartir con nós o seu tempo, habelencias e talento na biblioteca.

Publicacións Relacionadas