Festival Entreplayas 2025

adminON
Lectura mínima de 2

O festival comezará ás 18 h con Dj´s para amenizar a espera da actuación de orquéstraa Panorama, que comezará ás 21 horas.

A orquéstra Panorama co seu espectáculo Epic Tour chegará con 5 tráileres e despregará un escenario cun frontal de 67 metros con 250 m2 de pantallas no que actuarán 22 artistas. Baiona é sen dúbida una das máis esperadas paradas do Circuíto de orquéstra Panorama e así o comunicou o seu director e voz masculina Lito Garrido que por 2ª ano consecutivo actuarán no parque da Palma.

Prevíronse todas as medidas de seguridade e, con motivo esta celebración, vaise realizar un operativo de corte do tráfico durante o intervalo do horario de concerto, que será desde as 20:30 horas do día 23 de xullo ata as 00:30 horas do día 24 de xullo, que finaliza o espectáculo

O corte absoluto do tráfico rodado na PO-552 será operativo desde a rotonda do porto pesqueiro, ata a rotonda do Villa Rosa, situada á altura da intersección coa EP-2202.

Propóñense como desvíos alternativos para este intervalo de corte:

Dirección Baiona – Vigo

Na rotonda de puga situada á altura da intersección da EP-2201.

Na rotonda do persígueme á altura da intersección coa C/ Areas

Na rotonda da vía urbana de Sabarís de acceso á AG-57 (este) por Sabarís.

Dirección Baiona – A Guarda

Na Rotonda do peregrino, situada á altura do acceso á Ag-57 (Sur) e subida á Ep-2203.

O acceso puntual ao club náutico Monterreal e Parador de Turismo de Baiona efectúase a través da rotonda do porto pesqueiro.

Comparte este artigo