HomeO MorrazoMarínFin de semana intenso de rítmica en Marín

Fin de semana intenso de rítmica en Marín

- Anuncio -spot_img

Esta fin de semana o Club In Mare de rítmica, coa colaboración do Concello de Marín e de moitos dos comercios marinenses, organiza varios eventos deportivos nos que a ximnasia rítmica será a protagonista en todos os seus niveis.

Comezaremos o 27 de maio, en xornada de mañá, coa X Edición do Torneo Club In Mare, que cumple unha década, e seguiremos coa xornada de tarde na que os centros e escolas de ximnasia poderán exhibir o traballo realizado esta temporada.

Ademais, tamén poderemos desfrutar doutras exhibicións de danza. Para rematar, teremos un ano máis en xornada de mañá do 28 de maio a II Fase Interescolas organizada en colaboración co Club Marusía de Ourense, campionato dirixido ás categorías base deste deporte. Como se pode comprobar, un fin de semana cheo de deporte.

Publicacións Relacionadas