Home Vigo O Porriño Fin de semana marcada pola solidariedade no Porriño

Fin de semana marcada pola solidariedade no Porriño

- Anuncio -

● O sábado celebrarase o I Bingo Solidario organizado por Acipor o CRC, en colaboración co Concello do Porriño, en beneficio de Aceesca

● O domingo disputarase a II Carreira Solidaria de Empresas-XIII Interrunning que axudará a Bicos de Papel, AECC e SOS Porriño

A fin de semana no Porriño está marcada pola solidariedade. E é que dentro dos múltiples eventos que acollerá a Vila do Louro hai dous que destacan polo seu carácter benéfico.
O sábado 5 de outubro celebrarase un Bingo Solidario organizado por Acipor CCA Morea e o CRC, en colaboración co Concello do Porriño. Todo o recadado irá destinado ao proxecto “Miña casa, miña comunidade” de ACEESCA, que pretende ofrecer unha residencia inclusiva para 30 persoas con grandes necesidades de apoio, axudándolles a vivir de maneira independente e segura na comunidade de Torneiros. O Bingo Solidario ofrece unha noite de diversión asegurada na que se repartirán máis de 1.000 euros en premios.
Celebrarase no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural a partir das 21 h. A entrada é libre ata completar aforo, así que, animádevos a participar!
Xa o domingo 6 de outubro, levarase a cabo a II Carreira de Empresas de Galicia -XIII Interrunning, que este ano ademais inclúe a I Andaina Antonio Palacios. Este evento deportivo ten un nobre propósito, xa que os fondos recadados irán á asociación de axuda aos nenos de oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro, Bicos de papel, e tamén á Asociación Española Contra o Cancro e ao programa municipal de alimentos SOS Porriño. Contará tamén coa participación de Discamino, abrindo un horizonte máis inclusivo para as seguintes edicións.
“Esperamos vervos a todos e todas para disfrutar dun gran fin de semana e, ao mesmo tempo, contribuir a causas moi importantes”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “É unha gran oportunidade de axudar e sei que O Porriño, como sempre, será exemplo de empatía e traballo en equipo”.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas