Home Pontevedra Caldas Finalizado con éxito o II Campus de Tecnificación de Fútbol de Portas...

Finalizado con éxito o II Campus de Tecnificación de Fútbol de Portas impartido a 30 nenos de 5 a 13 anos de idade

- Anuncio -

O acto de clausura contou coa presenza do alcalde, Ricardo Martínez, quen ensalzou o deporte e as prácticas saudables como xeito de axudar á mocidade no seu proceso de formación

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asistiu ao acto de clausura do II Campus de Tecnificación de fútbol impartido no campo municipal da Rapeira e no que participaron 30 nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos.

O Campus estivo coordinado polo adestrador galego Manu Campos e contou coa presenza de Fran Fandiño, futbolista ex do Pontevedra, actualmente do Ribadumia, e profesor de educación física. Tamén estivo David Pintos, xogador do Teucro de balonmán, para dar a súa visión sobre este deporte, similitudes e diferencias co fútbol.

Ademais de Manu Campos, este Campus contou coa participación dos adestradores José Antonio Lodeiro e José Campos os cales foron os encargados de dirixir a formación en tecnificación de fútbol para mellora-las súas habilidades individuales desde un punto de vista integrador no xogo de equipo.

Os adestradores puxeron en marcha un proxecto formativo intensivo que permitiu analizar e personaliza o adestramento de todos e cada un dos 30 nenos asistentes, procedentes dos municipios de Portas, a inmensa maioría, pero tamén de Caldas, Moraña e mesmo Vilagarcía.

Ademais, os participantes tiveron actividades lúdicas e de multideporte coa intención de fortalecer a súa formación deportiva combinando as técnicas propias do fútbol coa práctica divertida do fut-bolei, fut-tenis e mesmo fútbol sala grazas as magníficas instalacións municipais cedidas polo Concello para esta actividade formativa.

Manuel Campos agradeceu a colaboración do Concello, do equipo de fútbol do Portas e mesmo do CEIP Domingo Fontán xa que se utilizaron as súas aulas para as actividades teóricas e as charlas protagonizadas polos especialistas convidados a este Campus.

Pola súa banda, o alcalde, Ricardo Martínez, felicitou aos participantes e organizadores por esta iniciativa e ofreceu a máxima colaboración do Concello de Portas na realización deste tipo de actividades que “redundan na formación persoal e deportiva dos participantes para inculcarlles valores positivos como o traballo, o esforzo e o compañerismo. Felicítovos a todos por participar nesta iniciativa e anímovos a que sigades pola senda da práctica deportiva e do estilo de vida saudable”, indicou o rexedor.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas