HomeTabeirósCerdedo - CotobadeFinalizan as obras de dotación dun sistema de subministro eléctrico soterrado aos...

Finalizan as obras de dotación dun sistema de subministro eléctrico soterrado aos Baños do San Xusto

- Anuncio -spot_img

• A nova acometida permite levar electricidade desde Barbeitos, na Nacional N-541, ata a estación termal para o seu funcionamento

Acaban de rematar os traballos de conexión á rede eléctrica das instalacións dos Baños do San Xusto para que poidan dispoñer da enerxía necesaria para a súa posta en funcionamento. Esta obra, levada a cabo pola empresa Hallmann Energy, S.L., adxudicataria do concurso público, contou cun orzamento de 104.658,95 euros que foron financiados coa participación do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O proxecto técnico contemplaba a conversión da liña de alta tensión en media, a través dun transformador e a canalización subterránea do tendido eléctrico ao longo dunha distancia duns 1.100 metros, entre o lugar de Barbeitos, xunto á estrada nacional N-541 e a estación termal.

Para evitar o impacto visual e mellorar o aspecto medioambiental desta obra a liña vai totalmente soterrada polo que tamén se aproveitaron eses traballos para colocar as canalizacións de subministro de auga para o consumo habitual destas instalacións.

VISTO BO DOS COMUNEIROS DE SAN XURXO DE SACOS

En canto ao subministro de auga, sinalar que recentemente someteuse a consideración dos comuneiros de San Xurxo a autorización para realizar os trámites e os traballos pertinentes para dotar deste servizo aos Baños do San Xusto e, nunha asemblea, os veciños decidiron dar o visto bo á proposta remitida polo Concello de Cerdedo-Cotobade.

ESTA OBRA SUBMINISTRARÁ ENERXÍA Á CARBALLEIRA E Á CAPELA

Esta obra permitirá tamén subministrar de xeito permanente enerxía eléctrica á Carballeira de San Xusto e tamén á capela xa que ademais de abastecer ás instalacións dos Baños poderase utilizar para calquer evento e tamén a. iluminación permanente do templo.

Ademais, o Concello de Cerdedo-Cotobade está a punto de adxudicar o acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos da Carballeira de San Xusto no que se investirán casi 300.000 euros dentro do Pacto pola Paisaxe, primeiro que se asina en Galicia e que ten como protagonistas ás zonas próximas aos meandros do río Lérez.

Segundo manifestou Jorge Cubela, esta actuación enmárcase dentro dun ambicioso proxecto medioambiental que pretende converter este entorno nun punto de atracción turística no que converxen a beleza dos meandros do río Lérez, os Baños do San Xusto, a capela, a Carballeira e as distintas estacións de arte rupestre compostas polos petróglifos.

Publicacións Relacionadas