HomeVigoNigránFinalizan con éxito absoluto os campamentos creativos de verán do concello de...

Finalizan con éxito absoluto os campamentos creativos de verán do concello de Nigrán deseñados polas crianzas da “Xeración Xa!”

- Anuncio -spot_img

O Concello ofreceu gratis durante o mes de xullo e semanalmente cinco campus (cociña, graffiti, comic, guitarra e barro) elixidos por eles e a cargo de profesionais da comarca. A totalidade das prazas foi cuberta.

Foron un éxito rotundo e consideamos que así ten que ser, preguntar á rapazada sobre os seus gustos e que eles mesmos propoñan, é a mellor maneira de acertar”, considera o alcalde, Juan González

O campus de guitarra para crianzas de 9 a 14 anos puxo fin aos campamentos creativos de verán deseñados desde a ‘Xeración Xa!’. As crianzas do municipio asumiron este ano o reto de deseñar os plans de ocio infantil que, ata agora, se elixían desde o Concello. Deste xeito, o órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ”Xeración Xa!’, apostou nas súas asambleas mensuais por organizar campus máis creativos ou artísticos que complementasen aos deportivos que, tradicionalmente, xa ofrece o consistorio xunto aos clubes do municipio. O resultado foi que este ano, durante o mes de xullo e de luns a xoves gratuítamente, o Concello ofreceu no Centro da Terceira Idade da Ramallosa, aproveitando que está vacío temporalmente, os campus de graffiti e camisetas personalizadas a cargo de Seek Selff; ‘Introdución ao barro e creación libre’, con Nerea Vila; ‘Manga e cómic’, con Coral Martínez; ‘Alimentación, cociña e nutrición’, con Iria Otero e Ramón Moes; e, finalmente, ‘Guitarra’ con Gain Over. Cada crianza pudo inscribirse a un máximo de 2 campus para favorecer a máxima participación, esgotándose en todos os casos a ducia de prazas ofrecidas.

“Foron un éxito rotundo e consideamos que así ten que ser, preguntar á rapazada sobre os seus gustos e que eles mesmos propoñan, é a mellor maneira de acertar”, considera o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que supón “contar cunha infancia e adolescencia comprometida e participativa que permite ao Concello deseñar de verdade as políticias culturais, sociais ou medioambientais que eles mesmo deciden, sen imposicións desde un punto de vista só adulto”, considera.

A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Entre os seus integrantes está Cayetana Guede (IES Val Miñor) e Carmen Vázquez (CEIP Humberto Juanes) quenes recolleron este ano o testemuño de Martín Rey como voceiras da infancia e da mocidade de Nigrán en toda Galicia, polo que representan ao Concello de Nigrán no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), un espazo de diálogo e consulta que depende da Xunta de Galicia.

Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido o ano pasado por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas