HomePontevedraA ParadantaFirma do convenio para a creación da agrupación de Protección Civil Ribeira...

Firma do convenio para a creación da agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño

- Anuncio -spot_img

Esta mañá, o Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu o acto oficial de firma do convenio para a creación da Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño, un novo servizo comarcal que nace co propósito de reforzar e coordinar a resposta #ante emerxencias neste territorio do sur da provincia de Pontevedra.
A constitución desta nova agrupación é froito da colaboración entre os Concellos de Arbo, Crecente e As Neves, que, co respaldo institucional da Xunta de Galicia, decidiron sumar esforzos para garantir unha atención máis eficaz, moderna e organizada á cidadanía en situacións de risco. A Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño concíbese como un servizo voluntario, orientado á prevención, intervención e apoio en emerxencias que poidan producirse en calquera dos tres municipios.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que a posta en marcha da Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño constitúe “unha realidade longamente traballada e plenamente aliñada coa folla de roteiro do goberno arbense para a lexislatura 2023–2027”. Gil subliñou que a creación deste servizo forma parte dos compromisos adquiridos ao comezo do mandato e responde á necesidade de reforzar a atención á cidadanía nun ámbito tan sensible como a xestión de emerxencias.
Este novo organismo supón un paso significaticiativa fundaméntase na cooperación institucional e na vontade de ofrecer un servizo máis áxil e eficiente, evitando duplicidades e mellorando a capacidade operativa dos equipos de emerxencia.
A base operativa da agrupación estará situada en Arbo, desde onde se coordinarán as actuacións, a planificación de dispositivos preventivos e os servizos de atención e auxilio. Desde este punto estratéxico mobilizaranse os efectivos voluntarios cara aos distintos concellos en función das necesidades de cada situación, garantindo unha resposta máis rápida e cohesionada.

Durante o acto de firma, os representantes institucionais subliñaron a importancia deste proxecto conxunto para o benestar dos veciños e veciñas da comarca.
En palabras do alcalde de Arbo “a creación da Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño supón un avance na capacidade de resposta #ante emerxencias, fortalecendo a seguridade da poboación da comarca”.
Os concellos implicados destacaron tamén que esta nova estrutura permitirá mellorar a formación dos voluntarios, incrementar a dispoñibilidade de recursos materiais e facilitar a coordinación con outros organismos autonómicos e estatais en caso de emerxencias de maior envergadura.

Coa firma do convenio, os tres concellos formalizan un compromiso conxunto coa seguridade e a protección da súa cidadanía. A Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño comezará agora o seu proceso de organización interna, selección e formación de voluntariado, así como a posta en marcha de protocolos de actuación unificados.
Esta iniciativa enmárcase nas políticas de cooperación municipal impulsadas pola Xunta de Galicia e busca consolidar un modelo de protección civil próximo, eficaz e adaptado ás características da comarca.

Publicacións Relacionadas