• A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo desvelou que o Ministerio Público define como “insostible” que se realizaron pagos á Comunidade de Montes da Canicouva co contrato xa vencido en 2019
• O decreto de Fiscalía recolle: “É de advertir que a irregularidade, polo que consta a esta Fiscalía, mantense, motivo polo que podería estudarse no futuro se se aprecian actuacións consideradas delituosas”
• A pesar da extinción do contrato abonáronse as facturas de anos posteriores: “Pagouse no 21 e viráronse facturas no 22 e no 23. Por que non se abonaron estes dous últimos anos se o Concello sostén que o contrato continuou en vigor?
• “Vai seguir ocasionando o Concello un prexuízo ao erario público? O PP chegará onde haxa que chegar para defender os intereses dos nosos veciños e que non se malgaste o diñeiro de todos”
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo, acompañada dos edís Pablo Fernández e Guille Juncal, compareceu en rolda de prensa este xoves para analizar os detalles sobre a investigación polo contrato de alugueiro dos terreos para a planta de compostaxe prevista na Canicouva. Pardo avanzou que Fiscalía ve irregularidades no alugueiro dos terreos da Canicouva e xa remitiu toda a información ao Tribunal de Contas, que agora levan a investigación.
A concelleira popular ha desvelado que o Ministerio Público define como “insostible” que o Concello manteña que o contrato siga vixente, xa que non construírse a planta de compostaxe en catro anos desde 2015 implicaría a rescisión automática. Neste sentido o propio decreto recolle: “É de advertir que a irregularidade, polo que consta a esta Fiscalía, mantense, motivo polo que podería estudarse no futuro se se aprecian actuacións consideradas delituosas”.
A pesar da extinción do contrato, o 19 de decembro do 2019, abonáronse as facturas de anos posteriores: “Pagouse no 21, polo 20, e viráronse facturas no 22 e no 23. Por que non se abonaron estes dous últimos anos se o Concello sostén que o contrato continuo en vigor?”.
Aínda que é certo que a Fiscalía arquiva a denuncia, “porque non hai dolo”, existe unha “irregularidade e non quedan dúbidas de que o contrato está extinguido”. Desde o Partido Popular “habemos mantido a prudencia xa que asunto non concluíu: a Fiscalía, non o PP, remitiuno ao Tribunal de Contas por se for procedente a esixencia de responsabilidade contable”.
Por último, Pardo explicou que se solicitou outra serie de documentacións, certificacións e informes, “dos que estamos pendentes”: “O PP de Pontevedra chegará onde haxa que chegar para defender os intereses dos nosos veciños e que non se malgaste o erario público”. A popular lembrou que desde a súa formación esixiuse recuperar o diñeiro que se pagou no 2021, do arrendamento do 2020, e “aínda non contestaron”.



