FormaMOS programa un espazo aberto con actividades durante tres xornadas

Redacción
Lectura mínima de 2

A programación do espazo aberto de FormaMOS contará con actividades ao longo de tres xornadas paralelas a esta feira de formación que cumple xa a súa quinta edición. Este espazo acollerá propostas de carácter educativo, cultural e social, complementando a oferta expositiva dun evento que reúne máis de 80 stands e prevé arredor de 3.000 visitantes.

O programa arrancará o xoves 9 de abril, coincidindo coa inauguración oficial e a visita de autoridades, que incluirá tamén a ponencia do experto en educación emocional Rafa Guerrero. Ao longo da mañá desenvolveranse diferentes actividades:

                •             10:00 – ONDAS E PERFIL: Cambio de imaxe.

                •             10:30 – IES A Guía: Obradoiro de RCP e comercio.

                •             11:00 – Escola de Música de Torroso: Música en vivo.

                •             12:00 – Inauguración oficial e visita de autoridades, seguida da ponencia.

O venres, 10 de abril, continuará a programación con iniciativas centradas na inclusión e a participación:

                •             09:00–10:00 – Federación de Persoas Xordas de Galicia: Obradoiro de lingua de signos.

                •             11:00 – IES A Guía: Obradoiro de RCP e comercio.

                •             11:30 – COGAMI: “Eu decido” (escenificación).

                •             12:00 – ONDAS E PERFIL: Cambio de imaxe.

                •             12:30 – COGAMI: “Eu decido” (escenificación).

                •             13:00 – Aula D: Imaxes en bucle.

Como peche, o sábado 11 de abril o espazo aberto acollerá unha xornada dedicada ao gaming, que se desenvolverá entre as 12:00 e as 20:00 horas. A proposta incluirá zonas de xogo e competicións con máis de 100 euros en premios, orientadas á participación do público novo e ao achegamento do lecer dixital ao ámbito educativo.

Con esta programación, FormaMOS reforza o seu carácter participativo, incorporando contidos que van máis alá da orientación académica tradicional.

Comparte este artigo