Home O Morrazo Marín Fútbol sala e carreira para rematar o 2025

Fútbol sala e carreira para rematar o 2025

0
2

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou estos días a I Copa Xuvenil Memorial Marcos Moreira, que será toda a fin de semana, e a Subida a Castro, que se celebrará o domingo

O final do 2025 ven cheo de deporte. Esta semana o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou os dous eventos que porán o broche final a un ano no que as actividades deportivas foron protagonistas no calendario municipal.

Desta volta, é a quenda da I Copa Xuvenil Concello de Marín – Memorial Marcos Moreira, que organiza o Marín Futsal e que se desenvolverá no Pavillón da Raña o sábado e domingo.

O Memorial é unha homenaxe e un sentido recordo para Marcos, o rapaz que tristemente faleceu este ano e que formaba parte da familia do fútbol sala marinense.

Desputarán encontros o Marín Futsal A, B e C; o CD Camposala, o Cangas Fútbol Sala, o Coruña FS, o ADFS Bueu e o Morrazo Futsal, en dúas xornadas intensa, que rematarán o domingo ás 18.45h coa entrega de premios. Subida a Castro

Por outro lado, o domingo celebrarase a XVI Subida a Castro, que tanto se pode facer en modalidade de carreira como de andaina e que será o domingo. Unha San Silvestre que pasa por Castro, Porteliña, Cidrás, Sete Espadas e Castro de novo para chegar á meta.

As inscricións marcan xa máis de 170 persoas participantes, pero como xa é tradición, a gran maioría inscribirase na propia carreira. Participar é completamente de balde.

As saídas serán consecutivas: ás 10.00h, a da andaina; ás 11.00h, a da carreira de adultos e ás 12.00h, a da carreira de rapaces. Ademais, haberá concurso de tortillas, que se poderán degustar na Casa de Cultura de Mogor e sortearanse dous xamóns entre os participantes