Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

adminON
Lectura mínima de 1
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal

“Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar, que este venres, 7 de marzo, ás 19 h presenta Galitoon no Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural deste primeiro trimestre do ano.

Coa dirección de Chisco Casteleiro, que conforma o elenco xunto a  Jona García  “Facendo o indio” levará ao público a unha viaxe polos costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeracións. Todo nunha proposta de teatro de humor xestual con interacción directa co público e con protagonismo tamén para os  monicreques.

O espectáculo  ten unha duración de 60 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

Comparte este artigo