Home Pontevedra Galiza Nova fai público un manifesto pola emancipación xuvenil con 5 medidas...

Galiza Nova fai público un manifesto pola emancipación xuvenil con 5 medidas concretas para a independencia da xente moza

- Anuncio -

Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova: “A falta de empregos dignos e o alto prezo da vivenda son as principais causas que imposibilitan a emancipación da xente moza”

A organización xuvenil do BNG presentou hoxe un manifesto pola emancipación xuvenil, no marco dunha campaña de denuncia da situación de precariedade da mocidade galega que leva por lema “A nosa precariedade, o seu lucro”. A presentación tivo lugar, de maneira simbólica, diante da Secretaría Xeral de Emigración na Praza de Mazarelos, como primeira denuncia da falta de oportunidades para a xente moza que a obriga a emigrar na busca dun futuro lonxe de Galiza.

Este manifesto, que se fixo público no día de hoxe, conta co apoio de máis dunha decena de representantes do sector cultural, artístico e social da escena galega, entre as que destacan as creadoras de contido Prado Rúa ou Sara Seco, as artistas Dj Misa ou Hugo Gz ou centros sociais como A Pedreira en Pontevedra ou A Revolta en Vigo. Segundo destacou a Marta Gómez, Secretaria Xeral da organización, “A intención a día de hoxe é seguir sumando apoios tanto de persoas individuais como de colectivos, asociacións e organizacións de todos os ámbitos. A falta de empregos dignos e o alto prezo da vivenda son as principais causas que imposibilitan a emancipación da xente moza e precisamos da implicación de todo o pobo galego para reverter esta situación”.

Nunha primeira fase da campaña, Galiza Nova socializará o manifesto para seguir recadando apoios e “iremos polos centros de traballo, centros de ensino e tamén a pé de rúa informando das nosas propostas concretas, que tamén as temos” sinala Gómez. Despois, farase presentacións públicas e abertas do mesmo por todo o país e valoraranse outro tipo de accións de denuncia “para instar a quen ten o poder a levar a cabo políticas reais que garantan os nosos dereitos e melloren as nosas condicións de vida”.

Propostas concretas

“Somos conscientes de que para mudar por completo a nosa realidade económica e social é necesario acadar a plena soberanía nacional” sinala Marta “mais tamén temos propostas no curto prazo que axudarían a reverter esta situación e que, se non se levan a cabo, é porque dende os gobernos actuais están máis interesados en engrosar os petos dos grandes poderes económicos que en mellorar a vida das maiorías sociais” engadiu.

Por este motivo, o manifesto recolle cinco medidas concretas entre as que destacan a creación dun Plan de emprego xuvenil, a creación dun Plan retorna para a mocidade emigrada ou a creación do Fondo Social de Vivenda.

“Son medidas que xa temos levado ao Parlamento Galego a través do BNG e que seguiremos levando todas as veces que sexa necesario” indica Gómez.

Máis dunha decena de apoios iniciais

O manifesto conta de partida co apoio de Sara Seco (creadora de contido), Hugo Gz (artista), Dj Misa (Artista), Deninghures (Banda musical), Dios Ke Te Crew (Banda musical), Revista Néboa, Nuno Pico (Artista), Pradorúa (Creadora de contido) e os centros sociais A Revolta (Vigo), A Galheira (Ourense) e A Pedreira (Pontevedra).

Sara Seco, Dj Misa, Dios Ke Te Crew e Hugo Gz estiveron hoxe presentes na presentación do manifesto.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas