A organización xuvenil Galiza Nova organiza unha palestra en contra das diferentes formas da violencia machista na que contará como poñente con Esther Buela, sobrevivinte e divulgadora das violencias machistas. A palestra titúlase “A luz do empoderamento fronte a escuridade patriarcal” e celebrarase no MOME ás 19:00h do próximo venres 11 de novembro. Todas as persoas interesadas en compartir as súas vivencias e reflexionar en torno a esta lacra social están convidadas a participar.



