Home Pontevedra O Salnés Gonzalo Durán optará á reelección á Alcaldía de Vilanova de Arousa

Gonzalo Durán optará á reelección á Alcaldía de Vilanova de Arousa

- Anuncio -

• O candidato sinala que o único que lle move é traballar para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. “Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”.

• Luis López: “Falar da xestión de Gonzalo Durán en Vilanova de Arousa é inabarcable. Ten capacidade para atraer grandes investimentos”.

Gonzalo Durán optará á reelección á alcaldía do Concello de Vilanova de Arousa. Hoxe anunciou a súa candidatura na Estación Marítima, respaldado pola xunta local do Partido Popular, veciños e representantes dos principais sectores produtivos, nun acto ao que tamén asistiron o presidente provincial, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, o vicesecretario de Acción Electoral, Javier Tourís, e a coordinadora do Salnés, Paz Lago.

Durán sinalou que a súa ilusión e compromiso seguen intactos: “o único que nos move é traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”. O alcalde popular dixo que “a maior preocupación dos veciños de Vilanova de Arousa é ter e manter o seu emprego. A xente quere traballo, estabilidade e bos emprego, e non se pode dicir, como di o Goberno central, que esta xeración vai vivir peor que os seus pais. Esta afirmación non se pode permitir en política, a nosa obriga é traballar para seguir avanzando e vivir cada vez mellor”. O candidato popular recoñeceu que “traballamos moi duro nestes catro anos, e aspiramos a mellorar os resultados de 2019”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis López, puxo en valor o respaldo que Gonzalo Durán, “un alcalde carismático, do que nos sentimos moi orgullosos no PP”, recibe sistematicamente nas eleccións municipais, “que amosan o apoio indiscutible ao alcalde, ao seu equipo e ao seu proxecto para este concello”. Nesta liña, destacou que “o único fin de Gonzalo Durán é buscar o progreso de Vilanova de Arousa e velar polos intereses dos seus veciños”, e puxo como exemplos que “non hai día que neste concello non se comece unha obra ou se inicie un novo servizo ou actividade. Falar da xestión de Gonzalo Durán en Vilanova de Arousa é inabarcable. Ten capacidade para atraer grandes investimentos”.

Por último, Javier Tourís subliñou que “Gonzalo Durán foi a persoa que transformou Vilanova de Arousa, converténdoo nun concello punteiro economicamente, turisticamente, socialmente….” Proba delo, sinalou, é que na presentación había representantes de todas as parroquias e de todos os sectores produtivos do concello, desde o sector do mar, do viño… “Todos apoiando a Gonzalo Durán porque sempre será o mellor alcalde. É un orgullo para o PP de Vilanova de Arousa e para o concello que volva a presentarse ás municipais de maio”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas