Home Pontevedra A Paradanta Goza das vistas privilexiadas do Val do Tea dende a Poza Piñeiro...

Goza das vistas privilexiadas do Val do Tea dende a Poza Piñeiro de Covelo, este domingo roteiro guiado

- Anuncio -

Turbeiras activas de montaña, gandería extensiva en pastos, chozos e curralas, avifauna e o gran mamífero carnívoro, o lobo ibérico, son algúns dos atractivos deste roteiro de trazado lineal

No marco da programación estable de rutas de sendeirismo guiadas do Concello de Covelo, este domingo día 28 terá lugar o roteiro da Poza Piñeiro. Esta actividade, que se enmarca no proxecto RíosAldeasMontañas, promove o coñecemento do patrimonio natural entre visitantes, veciñanza e alumnado do CEIP Antonio Blanco.

De 6,5km de duración e dificultade doada, o roteiro da Poza Piñeiro ten un trazado lineal de ida e volta cunha duración aproximada de tres horas e media. Esta actividade, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, é de balde e require inscrición previa no número de teléfono 654 500 652. A hora e punto de saída son ás 10 horas no cemiterio de Piñeiro.

O guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, explica que a Poza Piñeiro foi construída augas arriba do primixenio “Puzo Vello” que cumpría a función de rego dos campos da parroquia. Co paso do tempo, converteuse nunha zona húmida de grande interese paisaxístico e natural. Na súa contorna atópanse turbeiras activas de montaña, gandería extensiva en pastos, chozos e curralas, avifauna e o gran mamífero carnívoro, o lobo ibérico.

Dende o cemiterio de Piñeiro seguirán a pista ancha con cancela que debemos pechar ao pasar. Iremos gañando desnivel pouco a pouco. En cada descanso podemos contemplar as vistas do val do Tea as nosas costas ou o imponente Coto de Eira a nosa esquerda. Ao pasar por un fabuloso piñeiro solitario saberemos que estamos preto do desvío cara abaixo que remata nunha pequena área de lecer para descansar á beira da Poza. As vistas panorámicas do Val do Tea e do sur da provincia de Pontevedra son privilexiadas.

O roteiro ten alta exposición ao sol e cómpre tomar medidas para evitar a deshidratación e golpes de calor.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor...

0
A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio A Deputación de Pontevedra abre ao...

A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra esgotou...

Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

0
O Concello de Mondariz convida a participar nas actividades organizadas dentro do programa “Abril mes do libro”. Con motivo do Día do Libro, o...

O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo de contedores...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou a recollida comercial de biorresiduos. Este esforzo representa un paso significativo cara...

O concello de Nigrán celebra o sábado 27 a II Gala Carlos Casares no...

0
Este día serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado Será presentada por Marina Sánchez...

O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación...

0
As obras, cun orzamento base de 237.662 €, contan cunha subvención de 132.730 € e suporán unha reforma integral do edificio sen afectar a...

Publicacións Relacionadas