Home Vigo Baiona Grafitti e RAP contra a Violencia de Xénero

Grafitti e RAP contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -

A concellería de Igualdade abre o prazo o vindeiro luns 18 de novembro para inscribirse nos talleres de GRAFITTI e no taller de RAP contra a Violencia de Xénero.

Ambas as actividades desenvolveranse na pista de SKATE de Baiona o sábado 23 de novembro, e están dirixidas á mocidade a partir de 10 anos. En horario de mañá haberá dous talleres de grafiti: o primeiro desenvolverase de 10.30 a 12.00 horas e o segundo de 12.00 a 13.30 horas. O taller de RAP desenvolverase en horario de 17.30 a 19:00 horas.

Para participar en calquera das actividades é necesario inscribirse previamente, dado que as prazas son limitadas, enviando teléfono de contacto e datos persoais á dirección electrónica cim@baiona.gal ou inscribirse a través do número de teléfono 986357554.

Ambas as actividades correrán a cargo de Vella Escola Cultura Urbana e enmárcanse no programa Baiona Lila organizado pola concellería de Igualdade e cofinanciado pola liña dúas do Plan Más Provincia da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas