Home Pontevedra Baixo Miño Grandes artistas mulleres para encher de cor o Espazo de Autoarranxo do...

Grandes artistas mulleres para encher de cor o Espazo de Autoarranxo do Rosal

- Anuncio -

Gemma Marqués está realizando un mural inspirado en mulleres creadoras do pasado e do presente cara ao futuro

Esta acción forma parte das actividades financiadas por fondos do Pacto do Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade

Traballar a igualdade dando protagonismo ás mulleres. Ese é o obxectivo do mural ‘Grandes artistas mulleres’ que a muralista e artista plástica Gemma Marqués está a pintar no exterior do Espazo de Autoarranxo do Rosal. O resultado será, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, unha pintura “inspirada nas mulleres creadoras do pasado e do presente para ollar cara ao futuro”. “O resultado será unha pintura mural con moita cor e figuras femininas recoñecidas para transmitir unha mensaxe positiva e de igualdade á comunidade escolar, pero tamén á veciñanza en xeral. É unha forma máis de continuar revolucionando mentes”, resalta a rexedora.

Así, Marqués representará nas paredes deste espazo situado a carón do CPI Manuel Suáres Marquier un mural no que aparecerá a pintora galega Maruja Mallo, a escritora africana Chimamanda Gnozie, a música inglesa Delia Derbyshire e a artista plástica xaponesa Yayoi Kusama.

A obra parte do proxecto feminista de Gemma Marqués titulado ‘AnónimAs. Retratos de musas cotiás’, co que a artista guardesa busca “reivindicar a todas as mulleres anónimas, nais, avoas, fillas, traballadoras e loitadoras que viven no máis absoluto anonimato”. “O seu labor, o seu esforzo diario coa familia e no traballo, non é recoñecido pola sociedade. Traballadoras do campo, do mar, dentro e fóra da casa, que fan e fixeron un gran traballo que queremos poñer en valor facendo unha homenaxe a todas elas”, recoñece a artista.
O mural, financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade, busca tamén desenvolver un discurso feminista poñendo en valor o patrimonio inmaterial, o legado de mulleres creadoras que sirvan de exemplo e inspiración, así como desenvolver a creatividade e o traballo a pé de rúa, dando exemplo ás novas xeracións.

Xunto con esta acción artística, o Concello do Rosal leva desenvolvido numerosas actividades de fomento da igualdade ao abeiro dos fondos deste Pacto de Estado, como os violentómetros colocados en distintos puntos do municipio, un valado publicitario na rotonda da Mata sobre o consentimento nas relacións sexuais ou os Cafés en Igualdade, que arrancaron con grande éxito de público o pasado mes de xaneiro e co que se crea un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese de forma distendida.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas