HomePontevedraPoioGregorio Agís anuncia a inminente inicio da humanización e rehabilitación integral da...

Gregorio Agís anuncia a inminente inicio da humanización e rehabilitación integral da rúa Ramón Encinas de Raxó

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica explica que os primeiros traballos centraranse na dotación dos novos servizos básicos

• O edil socialista lembra que o proxecto, que será levado a cabo pola empresa Narom, conta cun orzamento de máis de 700.000 euros, financiado a través de fondos europeos obtidos directamente do IDAE

Xa está todo listo para que dea comezo un dos proxectos de maior calado dos que se acometerán ao longo do presente mandato. O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, o socialista Gregorio Agís, confirmou este mércores que nos vindeiros días iniciaranse as obras de rehabilitación integral e humanización da rá Ramón Encinas, situada nas inmediacións do peirao de Raxó. Trátase dunha actuación que conta cun orzamento que supera os 715.000 euros, IVE engadido, e que se fai realidade grazas á obtención de fondos europeos que o departamento municipal acadou a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Goberno central. Esta xestión permite cubrir o 80% da contía, mentres que o 20% restante será asumida polo Concello.

Tal e como sinalou Agís, que lembrou que a actuación suporá “unha transformación radical dun dos puntos neurálxicos da parroquia de Raxó, pola súa importancia a nivel social, marítimo e turístico”, xa está a instalarse a maquinaria e a retirar elementos da rúa para garantir o correcto desenvolvemento dos traballos. A actuación será levada a cabo pola empresa Narom, logo de que a súa adxudicación fose aprobada a finais do mes de decembro. “Sen dúbida este é un paso decisivo para cumprir co obxectivo que nos marcamos na recuperación da fachada costeira de Raxó, que se completará coa reforma do tramo do espazo portuario pertencente a Portos de Galicia, e no que o Concello tamén achega o 30% do orzamento”, indica o edil do Goberno local. Cómpre lembrar que, precisamente, o convenio con Portos para facer realidade esa obra será aprobado no Pleno ordinario de xaneiro.

Gregorio Agís sinala que os primeiros traballos da actuación centraranse nas vindeiras semanas na substitución e instalación das tubaxes correspondentes aos novos servizos básicos, como son saneamento, pluviais e telecomunicacións. O edil de Urbanismo adianta que estas tarefas farán que, en moitos casos, o aceso do tráfico rodado restrinxirase exclusivamente a residentes. “Somos conscientes de que é unha obra complexa e agradecemos a paciencia da veciñanza que, sen dúbida, verase recompensada cunha transformación da contorna que garantirá a mobilidade e accesibilidade universal, cunha maior seguridade peonil”, apuntou o concelleiro do PSdeG-PSOE.

O proxecto prevé a pavimentación, con materiais sostibles e de gran calidade, nunha lonxitude de preto de 300 metros, ademais da creación de dúas zonas exclusivas para peóns, unha na parte máis próxima á praia e outra ás vivendas e locais existentes na zona, o que redundará nunha mellora da accesibilidade, facilitando o tránsito a pé e en bicicleta, sinala Gregorio Agís. O reforzo da seguridade peonil, dándolle un maior protagonismo ao peóns en detrimento do tráfico rodado tamén incidirá na redución de emisións e da pegada de carbono, que é un dos obxectivos da Axenda2030. A obra deberá estar rematada durante o primeiro semestre de 2023, para dar cumprimento aos prazos previstos.

Publicacións Relacionadas