Home Pontevedra Poio Gregorio Agís informará este domingo á veciñanza de San Salvador a actuación...

Gregorio Agís informará este domingo á veciñanza de San Salvador a actuación na rúa do Adro e da Porteliña

- Anuncio -

• A cita será ás 12.00 horas no adro da igrexa de San Salvador, onde o concelleiro responsable de Promoción Económica e Urbanismo tamén dará a coñecer detalles e resolverá dúbidas sobre outros proxectos e obras xa en marcha ou en tramitación na parroquia

• O edil socialista lembra que se habilitará un dispositivo especial durante o desenvolvemento dos traballos para garantir o aceso e saída ao CEIP Viñas, ademais de intentar causar “as menos molestias posibles” a residentes

O adro da Igrexa de San Salvador acollerá este domingo, a partir das 12.00 horas, unha reunión informativa, convocada polo concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, na que se darán a coñecer os pormenores do proxecto de humanización e mellora integral da contorna da Rúa do Adro e Porteliña. Son unhas obras que darán comezo a vindeira semana e que servirán para que este núcleo de relevancia dentro da parroquia experimente unha profunda renovación, pasando a contar con novos servizos básicos e unha mobilidade sostible e universal.

Agís explicará os pormenores da obra e do dispositivo que se habilitará durante o desenvolvemento da mesma. Trátase dunha medida temporal pensada para garantir o aceso e saída ao CEIP Viñas e para tratar de minimizar molestias ás persoas residentes.

O concelleiro do PSdeG-PSOE recorda que se permitirá a entrada ao centro educativo desde o cruce onde está situado o semáforo da avenida da Porteliña. Por aí tamén poderán saír á estrada autonómica os autobuses. O resto dos vehículos para abandonar a zona deberán circular polo Camiño Poio de Arriba. A maiores, habilitarase un aparcadoiro disuasorio nunha parcela próxima á PO-308, para garantir prazas de estacionamento durante a realización dos traballos

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo tamén se compromete a achegar información e resolver dúbidas sobre outros proxectos de calado impulsados por este departamento municipal en San Salvador, como as obras no núcleo da Seara, Portosanto e Saíñas ou o proxecto contemplado para mellorar a contorna de Anafáns.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas