HomePontevedraPoioGregorio Agís prevé a humanización e mellora de servizos básicos en Arén...

Gregorio Agís prevé a humanización e mellora de servizos básicos en Arén comece en poucas semanas

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo confirma que a obra, que contempla a substitución do firme e a dotación e ampliación de abastecemento, saneamento e pluviais, foi adxudicada cun orzamento que ascende a preto de 330.000 euros

• O edil socialista lembra que esta actuación finánciase a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondente á convocatoria de 2022

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), informa de que nas vindeiras semanas darán comezo os traballos para acometer a humanización e mellora do núcleo de Arén, na parroquia de Samieira. Agís visitou estes días a zona na que se acometerán os traballos, acompañado polo tamén socialista e responsable da área de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás.

Ambos dirixentes lembraron que o proxecto foi adxudicado esta mesma semana á empresa EC Casas, logo de que a tramitación se completase tras recibir o visto bo da Xunta de Goberno Local. O orzamento total ascende a un total de 329.926,05 euros, que se financian a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, na súa convocatoria de 2022. Un total de sete empresas participaron no concurso de licitación. Gregorio Agís salienta o cambio que vai experimentar o lugar de Arén unha vez finalicen os traballos, toda vez que pasará a contar con mellores servizos básicos e accesibilidade e mobilidade universal, ao mesmo tempo que se pon en valor este espazo, seguindo, deste xeito, coa filosofía de recuperación de contornas tradicionais que xa se vén impulsando desde hai anos desde o Concello. “Estamos a falar dun proxecto moi completo e ambicioso, que abarca unha zona moi ampla, incluíndo os camiños da Coita, Roeiro, Real de Arén e Souto de Arén e que suporá unha mellora substancial da mobilidade, servizos e da calidade de vida dos e das residentes deste núcleo”, indica o edil de Promoción Económica e Urbanismo. O núcleo pasará a contar cunha nova superficie de empedrado, cun aspecto máis tradicional, ademais de novas redes de recollida de pluviais, saneamento e abastecemento. Renovaranse as canalizacións e tamén se instalarán naqueles puntos que carecen das mesmas.

Esta actuación súmase a outras xa en proceso de tramitación que tamén servirán para “mellorar e poñer en valor a parroquia de Samieira”, como a rehabilitación da antiga escola unitaria de Arén, a recuperación de espazos en Tarrío ou a conexión da ruta dos muíños co Laño, entre outras.

Publicacións Relacionadas