HomePontevedraPoioGregorio Agís:"grazas a Zona Franca imos desenvolver en tempo récord un polígono...

Gregorio Agís:”grazas a Zona Franca imos desenvolver en tempo récord un polígono industrial de primeiro nivel que a Xunta tivo paralizado durante décadas”

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, explicou durante a comparecencia realizada xunto a David Regades, delegado de Zona Franca, que Fragamoreira “conta con todas as condicións para ser un polígono industrial de primeiro nivel”, xa que “o seu emprazamento é ideal e está moi ben comunicado”. Agís ten claro que, de obter a transferencia do solo e do proxecto, “coa axuda de Zona Franca estamos en disposición de desenvolver o parque empresarial en tempo récord”, toda vez que “todo o traballo de planificación relacionado coa urbanización, sectorización e tramitación xa está feito”.

O edil de Promoción Económica e Urbanismo incide en que a posta en marcha do polígono de Fragamoreira “supón un paso primordial e decisivo para o crecemento do noso concello” e lembrou, asemade, que foron xa varias as ocasións ao longo dos últimos anos nas que o Concello de Poio demadou a Xestur o desenvolvemento de Fragamoreira.

Ademais, Agís desvelou que en 2021 tamén se lle enviou unha petición para que se fixera efectivo o cambio de titularidade, pero “non houbo resposta”. Nesta liña, o edil do

PSdeGPSOE recordou que o seu grupo, xunto a Avante Poio, vén de presentar unha moción plenaria, que se debatirá na sesión ordinaria do mes de abril, na que volve solicitar ao ente dependente da Xunta de Galicia que transfira o proxecto e os terreos ao Concello, “para que poidamos impulsalo a través do Estado”.

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo defendeu a efectividade desta fórmula, que quedou constada na tramitación da construción da nova EDAR de Paxariñas, que dará servizo de tratamento de augas residuais a Raxó e Samieira, acabando “cun problema endémico que durante décadas a Xunta non solucionou, pese a ser unha competencia directa súa”. Gregorio Agís tamén expresou o seu agradecemento a David Regades pola predisposición de Zona Franca á hora de facer realidade o polígono de Fragamoreira, que “conta cunha experiencia e eficacia probada no desenvolvemento de polígonos noutros puntos de Galicia”.

Publicacións Relacionadas