HomeBaixo MiñoA Guarda“Historias para escagarriñarse” recorda vellas historias o venres na Guarda

“Historias para escagarriñarse” recorda vellas historias o venres na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • A actividade inclúese na programación especial de Nadal

Continúa a programación especial infantil deste Nadal. Este venres 26 de decembro, chega o espectáculo “Historias para escagarriñarse”, onde tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. 

O Teatro Ghazafelhos repasará historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña… co seu característico humor. A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias, sendo un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.

Todos poderemos desfrutar delas este venres 26 de decembro a partir das 17:30h na praza Avelino Vicente.

Publicacións Relacionadas