HomeVigoBaionaHomenaxe ás profesionais de Axuda no Fogar en Baiona

Homenaxe ás profesionais de Axuda no Fogar en Baiona

- Anuncio -spot_img

Acto de homenaxe ás persoas que forman parte do equipo do Servizo de Axuda no Fogar de Baiona, celebrado onte pola noite no Parador de Baiona.

Para o Concello de Baiona, a Axuda no Fogar é unha prioridade de goberno á que este ano dedica máis de 800.000 euros, o triple que no 2019, atendendo a 90 veciños e veciñas de Baiona.

“As profesionais que forman parte do servizo fan un traballo impagable, coidando das persoas maiores e dependentes moitas veces en situacións moi complicadas, como a pandemia”, asegurou Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona.

Durante o acto, moi emotivo, entregáronse varias distincións e púxose en valor o traballo diario do equipo das auxiliares e o persoal de coordinación. Grazas!

Publicacións Relacionadas