Hoxe arranca a I Semana Grande de Soutomaior coa entrega das “Chaves da Festa” a persoa máis maior do concello e á máis nova

adminON
Lectura mínima de 7

Esta tardiña, ás 21:00 h. terá lugar o CHUPINAZO no concello que dará o pistoletazo de saída a I SEMANA GRANDE de Soutomaior. Unha cita onde se farán entrega das “CHAVES DA FESTA” á persoa máis maior do concello e a máis noviña quenes terán que custodiar ditas chaves ata o vindeiro ano.

Esta tarde dará comezo a I SEMANA GRANDE de Soutomaior, unha festas que contarán cun programa de “primeiro nivel dende hoxe ata o mércores 7 de agosto”.

Nesta xornada darase o pistoletazo de saída co CHUPINAZO ás 21:00 h. na casa do concello. Un acto onde a xente se poderá engalanar cun sombreiro de palla e una pañoleta para celebrar estas Festas. Un acto onde se lle fará entrega da “Chaves da festa” á persoa máis maior e á máis nova. Unhas chaves en prata deseñadas e realizadas pola Joyería do Concello Ramón Joyero. A Chave máis grande será para Consuelo Corral Grandes, de 102 anos e a piques de cumprir 103, e a máis pequena para Vera Ferreira González que ten pouco máis dunha semaniña de vida. Elas serán as encargadas de custodiar durante un ano estas chaves para pasarlle este legado a máis nova e a máis maior na vindeira edición destas Festas.

Trala entrega das chaves chegará a festa co espectáculo da Mekánica Rolling Band que arrancarán do concello ás 21:15 h. cun pasarrúas que os levará ata a contorna da Igrexa do Divino Salvador alí, a Mekánica rematará o seu directo para darlle paso ás 23:00h. a música e divertimento  a cargo da discomóvil “La Duendenta”.

A Semana Grande de Soutomaior contará con dous torreiros e dous espazos para a súa celebración, un que será o Torreiro da Feira do dez en Candán e o outro, onde na contorna da Igrexa do Divino Salvador. Sinalar tamén que no Torreiro da Festa de Candán estarán instaladas as atraccións para a mocidade e crianzas, que contará cun horario dende hoxe e ata o 7 de agosto dende as 18:00 ata fin de festa. E dentro do programa “Soutomaior Inclusivo” estas atraccións contarán cunha hora diaria sen ruído, que será todos os días de 20:30 a 21:30 h agás o sábado 3 de agosto que será de 22:30 a 00:00 h. Dende o Concello informan que o Punto lila e Protección Civiel e emerxencias estarán situados no campo de fútbol do Soutomaior e os casos antiruído estarán no Punto Lila para todos aqueles que o precisen co fin de desfrutan ao 100% da festa sen importar a condición de cada quen.

O alcalde, Manu Lourenzo, agradeceu nesta xornada a implicación dos servizos ténicos do concello así como do resto do equipo do Goberno Local e  dixo que “non podo estar máis ilusionado, esta festa ten valor en termos festivos pero ten moito valor en termos económicos e creo que Soutomaior vai ter unha festa como se merece”.

Dende o concello tamén quixeron hoxe trasladar a información que lles fixo chegar a Parroquia do Divino Salvador sobre os horarios dos actos relixiosos que se celebrarán nos días da Semana Grande de Soutomaior. O alcalde, Manu Lourenzo, quixo agradecer “aos membros da Parroquia en especial a Gabriel a súa implicación e traballo para facer posible a I Semana Grande de Soutomaior”.

Así de tal xeito as datas e horarios que trasladan dende a parroquia sobre os actos relixiosos son o Día da Peneda: o 5 de agosto, na  Ermida da Virxe da Peneda misa ás 10:00h, 11:00h., 12:00h e ás 20:30h.  misa polo Patrón  na Igrexa do Divino Salvador; o 6 de agosto Día do Patrón  misa ás 12:00 h. e ás 20:00h. Tralo remate da misa  das 20:00 h. terá lugar a procesión; o día 7 de agosto, San Caetán, a misa será ás 9:00h. na Igreza do Divino Salvador con saída en procesión ata o Castelo de Soutomaior. Na Ermida de San Caetano misa ás 10:30 h. e ás 12:00 h.

Programación

O sábado haberá unha sesión vermú a cargo de  ´Desconerto´, unha xornada, o 3 de agosto, onde o prato forte será o directo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estarán a partir das 21:00 h. no Torreiro da Feira do Dez.

O domingo 4 de agosto ás Asociacións Veciñais serán as protagonistas co día da cociña de Soutomaior e o xantar popular, haberá showcooking a cargo de cociñeiros e cociñeiras de Soutomaior e coa celebración dun gran xantar popular.

O luns 5 chegarán as verbenas a esta festa coa presenza dunha das cinco mellores orquestras de España, con La Misión, que actuará a partir das 22:30 h. no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 00:15 h. terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa.

O martes haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade ás 20:30 h, tala procesión, e verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do dez en Candán.

Xa na xornada do mércores 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior.

Comparte este artigo