A cuarta cita do ciclo “Humor na súa tinta” será este domingo, 14 de xaneiro, cun dos mellores cómicos de España, Miki Dkai, ás 19.00 horas no auditorio da Xunqueira. O cómico gaditano presentará “unha velada romántica no teatro do amor” onde o público pode ser o protagonista do seu “First Comedy Dates”. Máis dunha hora de risas cun show que rompe os moldes da comedia actual e onde o público ten que estar preparado para calquera cousa, e sobre todo para rir a esgalla. As entradas para esta cea romántica con amor e humor pódense adquirir en Woutick por un custo de 13 euros máis gastos de xestión e 16 euros na billeteira do auditorio da Xunqueira.
O último evento do ciclo Humor na súa tinta de Redondela será o 4 de febreiro, onde os asistentes poderán gozar do espectáculo do coñecido Grison Beatbox do programa “A Resistencia” co seu novo show “En Bucle”, onde mestura humor e música con versións de míticas cancións desde o soul e o funk ata a música disco de nova xeración. Todo coa única axuda da a súa voz, mediante a técnica beatbox.

