HomePontevedraA ParadantaI Carreira pola igualde en Arbo

I Carreira pola igualde en Arbo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Arbo organizará o domingo 27 de novembro a partir das 10:00 horas da mañá, na Praza do Concello, a I Carreira Contra a Violencia de Xénero“KM POLA IGUALDADE”.

Esta proba entra dentro da laboura e compromiso social do Concello de Arbo na loita pola igualdade e prevención da violencia de xénero a través da práctica do exercicio físico saudable.

A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

PARTICIPANTES: Neste evento poderán tomar parte participantes federados e NON Federados. A idade mínima para poder participar será de 11 anos.

LUGAR DE SAÍDA e META: A saída e meta das probas estará situada na Praza do Concello de Arbo (Aquí)

PERCORRIDO: Sseguirá unha ruta de 3,42 km nos arredores do Concello de Arbo (Casa Consistorial)

INSCRICIÓNS: Ata o 25 de novembro ás 14:00h

PREMIOS:

Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os da carreira , sexa cal sexa a súa categoría.
Trofeo ao colectivo, clube ou asociación que aporte mais participantes á proba.
AVITUALLAMENTO: Haberá servizo de avituallamento líquido na zona de meta a disposición dos participantes.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Realizarase na zona de saída / meta (Praza do Concello) desde ás 09:30 horas e ata 30’ antes do comenzo da proba.

Inscrición no seguinte enlace

https://carreirasgalegas.com/carreira/i-carreira-pola-igualdade-contra-a-violencia-de-x-nero-arbo/d83b521b-13f7-d25a-72a7-3a0768cabe31

Publicacións Relacionadas