HomeVigoPazos de BorbénIglesias lembra á Deputación que a estrada de Amoedo-Os Valos non é...

Iglesias lembra á Deputación que a estrada de Amoedo-Os Valos non é competencia municipal

- Anuncio -spot_img

O alcalde indicou que o ente provincial é o titular da estrada e que a actual formulación do proxecto “endebedaría ao Concello durante anos”

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, respondeu esta mañá ás declaracións do deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, sobre as obras de ampliación da estrada provincial EP-2702 (Amoedo-Os Valos), nas que instaba ao Concello a expropiar e ceder os terreos necesarios. Unha xestión que o rexedor lembrou que “non é de competencia municipal senón responsabilidade da Deputación como titular da estrada”.
Así, Iglesias indicou desde o Concello sempre se mostraron abertos a colaborar nos contactos cos veciños e en todas as xestións necesarias, pero que, tras consultar o proxecto cos técnicos, o consistorio non pode asumir “unha obra millonaria que ademais de non correspondernos, endebedaría ao Concello durante anos”, explicou o rexedor.
Do mesmo xeito, o rexedor instou o ente provincial a facerse cargo do proxecto de ampliación “como se ten feito noutras ocasións. Xa o fixo a propia Deputación na estrada que vai a Soutomaior e a Xunta entre Amoedo e Pazos e no vial que vai a Fornelos”, lembrou Iglesias.
Por último, o alcalde expresou o seu pesar #ante o posicionamento do representante da oposición, Luciano Otero, solicitando publicamente os terreos ao Concello. “Sabe dabondo, porque se lle explicou no pleno varias veces, que é totalmente imposible facerse cargo dunha ampliación que custa millóns de euros. Situándose de lado da Deputación está a prexudicar aos seus propios veciños e contribuíndo a que sigamos padecendo un vial en condicións lamentables”, finalizou Iglesias.

Publicacións Relacionadas