Home Tabeirós A Estrada Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio Manuel García Barros coa obra...

Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio Manuel García Barros coa obra “As horas dunha illa remota”

- Anuncio -

o O xurado xustifica a súa elección no “coidado na caracterización dos dous personaxes protagonistas” e na calidade da súa prosa

o O galardón entregarase nun acto público a finais do outono e inclúe a publicación da obra pola Editorial Galaxia

O xurado da XXXIV edición do premio de novela Manuel García Barros, que convoca o Concello coa colaboración da Editorial Galaxia, vén de galardoar ao escritor Ignacio Vidal Portabales pola súa obra “As horas dunha illa remota”.

A novela, presentada baixo o lema de “O voo do azor”, resultou elixida pola maioría dos membros do xurado entre os 33 orixinais presentados nesta edición.
O xurado estivo composto por Marta Neira Rodríguez, María de las Mercedes Corbillón Fernández, Marcos Sánchez Calveiro, Armando Requeixo Cuba e Carlos Loureiro Rodríguez.

Armando Requeixo xustificou a elección desta obra “no coidado na caracterización dos dous personaxes protagonistas, dúas irmás cunha figura paterna chea de luces e sombras que viven as sombras dunha infancia difícil en Colombia que proxectan o seu ronsel no presente adulto de ambas na súa Galicia de orixe”.

Ademais, os membros do xurado desatacaron a calidade da prosa coa que está escrita a novela, cun emprego dos diálogos de grande mestría funcionando a obra coma un conxunto “que se retroalimenta nas partes e que convida a pensarnos e repensarnos”. Ignacio Vidal Portabales é Doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Compaxina a docencia coa escritura, con varios ensaios publicados sobre temática xurídica e catro obras narrativas en galego publicadas na Editorial Xerais.

O premio está dotado con 9.000 euros e inclúe a publicación da novela. A súa entrega levarase a cabo este outono nun acto no Teatro Principal da Estrada que volverá a ser público despois de dous anos condicionado pola pandemia.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións de Nadal

0
-Este Nadal organízanse por primeira vez actividades específicas para a rapazada de 13 anos en diante. Os obradoiros realizaranse no novo Espazo Redondela Xove,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Concello de Redondela organiza unha charla informativa sobre o Testamento Vital

0
O testamentos vitais, ou documento de vontades anticipades, é un escrito no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a...

O concello de Baiona acorda asinar un convenio con SOGAMA para a xestión de...

0
A Lei europea obriga ás administracións a planificación e xestión de residuos orgánicos e a Xunta de Galiza segue incidindo, dende fai máis de...

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

0
O “Cocido de Covelo” será un cocido feito na casa con produtos de proximidade e carne de vaca 100% local criada nos montes e...

Publicacións Relacionadas