• Dúas categorías; familiar e colectiva, para ilusionar a veciñanza e apoiar ou comercio local
• A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os/as participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo.
• O xurado estará composto Concelleira de Participación Cidada, un representante do Concello de Arbo, dous representantes das asociacións arbense, un representante do comercio local é un funcionario do Concello que actuará como secretario/a do Xurado.
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Arbo, a través da iniciativa de participación cidadá, presenta o II Concurso de Decoración Navideña “Arbo no Nadal”, dirixido ás Asociacións, colectivos e particulares do municipio, co obxetivo de dinamizar a participación activa dos/as cidadáns/as de Arbo, infundir un ambiente do Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación, dar protagonismo aos veciños e veciñas de Arbo e formantar o comercio local.
O Concurso “quere fomentar a participación cidadá na decoración de luces e decoración de Nadal nos fogares, coa idea de promover ou ambiente festivo nas nosas festas de Nadal” explica o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
As propostas presentaranse dende 27 de novembro de 2023 ata o día 19 de decembro de 2023, no rexistro xeral do Concello de Arbo ou a través do correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com
Os premios serán cestas da compra valorada en 250 euros o primeiro premio e 150 o segundo, 1 caixa de espumosos para o terceiro, 1 caixa de viño para o cuarto premio e licores bo para o quinto – produtos todos eles do comercio e adegas de Arbo, para promocionar o mercado local – rematada o rexedor de Arbo