II Obradoiro de artesáns da pesca Concello Soutomaior

adminON
Lectura mínima de 2

O próximo día 24 de febrero, en el edificio Multiusos de Arcade (Soutomaior), vaise celebrar un espectacular evento relacionado coa pesca deportiva coa participación de figuras da artesanía e montaxe de artigos para a pesca deportiva, tales como moscas, canas ou peixes artificiais de todo tipo.

Contarase coa participación de renombrados artesáns galegos de prestixio nacional e internacional, como son o caso de Miguel Piñeiro, Fernando Comba, Alberto Mera, Joaquín López Quintás, Suso Vilar, Santi Nitas, Eloi Saavedra, Paco Porto y Antonio Vilariño e outros montadores en pleno auxe como son Jaime Omar, Juan Vázquez Platas, José Luis Maceira “Maki”, Miguel Ángel Montoto, e José Torres.

Todos eles deleitarán ao público asistente cos seus magníficos traballos, moscas afogadas, ninfas, secas, de salmón, strimers, canas de bambú, e peces artificiais; un auténtico compendio de habilidade e destreza manual para confeccionar artigos para a pesca deportiva moi demandados polos deportistas de diversas modalidades de pesca tales como a pesca de salmónidos a mosca, caso da troita, salmón ou reo, ou a pesca de depredadores tales como lucio, black bass ou robalizas. A hora de apertura ao público será ás 10 horas da mañá.

Ademais, ao mediodía, contaremos coa presenza de Ramsés Pérez, Coordenador dos programas de educación Ambiental de Adega e Proxecto Ríos, quen departirá unha charla coloquio aos presentes acerca dos macroinvertebrados nos ríos, e na cal se poderá participar nun coloquio aberto para tentar interactuar e resolver as dúbidas acerca da salubridade dos nosos ríos e especies.

Ao mediodía haberá unha comida de fraternidade, á que é necesario anotarse con anterioridade, cun menú pechado ao módico prezo de 20 euros. Rematarase pola tarde cun sorteo de agasallos, algúns moi importantes, doados polos organizadores e patrocinadores, entre os asistentes ao evento antes da clausura que será ás 20 horas da tarde.

Comparte este artigo