Inauguración da exposición de obras dos discípulos da artista Conchi Cadrado

adminON
Lectura mínima de 2

O pasado venres 5 de abril tivo lugar a inauguración da exposición de obras dos discípulos da recoñecida artista Conchi Cadrado no Multiusos Mercado de Sabarís.

A mostra, que está dispoñible para visitar ata o domingo 14 de abril, presenta unha ampla variedade de obras que abarcan diferentes disciplinas artísticas como o grafito, acuarela, acrílico e pasteis de cores. Os visitantes terán a oportunidade de gozar de obras cargadas de creatividade e bo facer, que animan a reflexionar e admirar a capacidade de creación.

Cadrado coñecida e recoñecida no noso país e fóra das nosas fronteiras polas súas obras cheas de simbolismos, usando unha representación figurativa como ferramenta para crear a súa propia linguaxe, unha asociación espontánea de imaxes que contribúe á fascinación para poñer en marcha a roda da reflexión sobre todas as emocións que se poden achar nelas.
Ao longo destes anos realizou innumerables exposicións, participou en diversos proxectos e intervencións artísticas e está vinculada a organizacións vangardista no mundo da arte.

A exposición pode visitarse en horario de 17 a 20:30 horas de luns a sábado e domingos de 11 a 14H e de 17 a 20:30 horas.

O Concello de Baiona convida a todos a amantes da arte e da cultura para gozar desta mostra no Multiusos Mercado de Sabarís

Comparte este artigo